En cinematografía, un jib é un dispositivo de guindastre cunha cámara no seu extremo e un contrapeso cos controis da cámara no outro.[1] Opérase como un balancín, mais o punto de balance atópase preto do contrapeso, polo que a cámara que se atopa no extremo pode moverse nun arco extenso. Un jib permite á cámara moverse verticalmente, horizontalmente, ou nunha combinación dos dous. A jib móntase a miúdo sobre un trípode ou un soporte semellante.[2]

Cámara jib.

Notas editar

  1. Zettl, Herbert (12 de xullo de 2005). Television production handbook (9 ed.). Wadsworth Publishing. pp. 90–105. 
  2. Scott Schaefermeyer Digital Video Basics 1418865133 2012 p109 "A jib arm is basically a small crane that holds nothing but the camera. Large jib arms require somebody to move and control the jib while the camera operator controls the camera. "