Jesús Rodríguez Segade

Jesús Rodríguez Segade, finado en Santiago de Compostela o 3 de setembro de 1966, foi un mestre, veterinario e político galego.

Infotaula de personaJesús Rodríguez Segade
Biografía
Morte3 de setembro de 1966 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En decembro de 1933 foi nomeado mestre interino en Melide.[1] Foi nomeado alcalde de Melide a principios de xaneiro de 1936,[2] cesando a finais dese mes. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, volveu ser nomeado alcalde de Melide en marzo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado. Foi veterinario do concello da Baña. Finou en Santiago de Compostela o 3 de setembro de 1966.[3]


Predecesor:
Ricardo Fernández Camoiras
  
Alcalde de Melide
 
1936
Sucesor:
Antonio Souto Mosteiro
Predecesor:
Antonio Souto Mosteiro
  
Alcalde de Melide
 
1936
Sucesor:
Jesús López Galuá

Recoñecementos editar

Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Vida persoal editar

Casou con Carmen Lago Rodríguez e foi pai de Santos, Jesús, María del Carmen e Lourdes Rodríguez Lago.

Notas editar

  1. El Ideal Gallego, 31-12-1933, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 29-1-1936, p. 2.
  3. Necrolóxica en La Noche, 3-9-1936, p. 7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar