Jesús Armando Lázare Rincón, nado en Soria de pais de orixe lucense, tamén coñecido como Suso Lázare, foi o vixésimo presidente do Club Baloncesto Breogán, así como presidente do Club Estudiantes de Lugo.

Modelo:BiografíaJesús Lázare
Biografía

Chegou á presidencia do club galego o 23 de agosto de 2016 despois de moitos anos relacionado co deporte da cidade, en especial o baloncesto. Sucedeu no cargo a Antonio Veiga.[1] É tamén membro da comisión delegada da Federación Galega de Baloncesto.