Jesús Barreiro Costoya
avogado, xornalista e escritor galego
Jesús Barreiro Costoya, finado en Buenos Aires en abril de 1920, foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | abril de 1920 Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, escritor |
Membro de | |
Traxectoria
editarOficial do Banco de España, estableceu unha axencia de negocios en Vilagarcía de Arousa en 1905.[1] Foi membro da Asociación Regionalista Gallega, correspondente de El Eco de Galicia da Habana e colaborou en El Regionalista e El Ciclón. Foi presidente do orfeón Aurora da Coruña en 1908,[2] e membro correspondente da Real Academia Galega. Marchou a Arxentina, foi funcionario da casa central do Banco Español del Río de la Plata e colaborou en Suevia e Correo de Galicia. Finou en Buenos Aires en abril de 1920.[3]
Vida persoal
editarCasou con Ángela Garrido, que finou en 1914, e foi pai de dez fillos.[4]