Jesús Armesto Braña

técnico de radio galego

Jesús Armesto Braña, nado en Lugo en 1900 e finado en Manzanillo, Cuba, en 1964,[1] foi un técnico de radio galego, pioneiro da radiodifusión en Manzanillo.

Infotaula de personaJesús Armesto Braña
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1964 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Manzanillo, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntécnico de son Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aos 18 anos emigrou a Cuba, instalándose na oriental cidade de Manzanillo, onde traballou como chofer e fixo un curso de técnico de radio por correspondencia.[2] Durante a crise política e económica da ditadura de Gerardo Machado, propúxose crear un transmisor de radio para a cidade e foi así como naceu a primeira emisora de radio de Manzanillo, a CMKM, xerme do que hoxe é Radio Granma. A intención era inaugurala o 10 de outubro de 1932, dende o Teatro Popular, cun acto polo aniversario da Unión de Choferes de Manzanillo, pero por problemas técnicos non se conseguiu.[2] Finalmente fíxose a primeira transmisión o 24 de novembro de 1932.[3]

Na CMKM iniciáronse moitos artistas que logo serían famosos en toda Cuba,[1] como o cantautor Carlos Puebla, que comezou a súa carreira nesta emisora.[4]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Pereira Portuguez, Cabrera Nazco & Pérez Escalona 2015, p. 351.
  2. 2,0 2,1 "Radio Granma. ¿Quiénes Somos?". www.radiogranma.icrt.cu (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  3. "La radiodifusión en Manzanillo celebra sus 84 años" (en castelán). 24 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  4. "Carlos Puebla: cronista de la Revolución" (en castelán). 4 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019.