Abrir o menú principal

Jeppe Aakjær

escritor dinamarqués

Jeppe Aakjær, nado en Fly Sogn (Skive) o 10 de setembro de 1866 e finado en Jenle o 22 de abril de 1930, foi un poeta e novelista danés.

Jeppe Aakjær
Jeppe Aakjaer.jpg
Nome completoJeppe Jensen
Nacemento10 de setembro de 1866
 Aakjaer
Falecemento22 de abril de 1930
 Jenle
NacionalidadeDinamarca
Ocupaciónxornalista, escritor, poeta e novelista
CónxuxeMarie Bregendahi
FillosEsben Aakjær
Coñecido/a porRugens sange
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Autor de contos, novelas e poesías que recollen a dura vida campesiña de Xutlandia, en parte baseada na súa propia experiencia persoal como fillo de labregos. No cambio de século traballa como xornalista en Copenhaguen, onde se ve atraído polas ideas do socialismo. En 1907 volta á súa Xutlandia natal para se dedicar á súa actividade literaria e á educación dos campesiños.

Moitos compositores escandinavos do século XX utilizaron os seus poemas como letra para as súas cancións, entre os que destaca Carl Nielsen.

ObrasEditar

  • Bondens Sen ("O fillo do labrego"; novela, 1899)
  • Vredens børn ("Os fillos da ira"; novela, 1904)
  • Rugens Sange ("O canto do segador"; poesía, 1906)
  • Under Aftenstjernen ("Baixo a estrela da tarde"; poesía, 1906)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar