Jemima Wilkinson, autochamada The Public Universal Friend (O Amigo Público Universal), nada o 29 de novembro de 1752 en Cumberland, Colonia de Rhode Islad e as Plantacións de Providence,[1][2] e finada o 1 de xullo de 1819,[3][4] foi unha predicadora cuáquera, que predicaba a total abstinencia sexual.

Infotaula de personaJemima Wilkinson

Retrato da The Public Universal Friend
na biografía de Hudson publicada en 1821
Nome orixinal(en) Publick Universal Friend Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1752
Cumberland, Colonia de Rhode Islad e as Plantacións de Providence
Morte1 de xullo de 1819
Datos persoais
Outros nomesThe Public Universal Friend
País de nacionalidadeestadounidense
Relixióncuáquera
Actividade
Ocupaciónpredicadora
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisJeremiah Wilkinson, Sr. (hez) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Amy Elizabeth Wilkinson, (hez) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Wilkinson-3708

Traxectoria editar

Nacida de pais cuáqueros, despois de sufrir unha grave enfermidade en 1776, o Amigo afirmou que morreu e foi reanimado como un evanxelista sen xénero chamado Amigo Público Universal. Despois rexeitou tanto o nome de nacemento como os pronomes de xénero. Con roupas andróxinas, o Amigo predicou por todo o nordeste dos Estados Unidos, atraendo a moitos seguidores que se converteron na Sociedade de Amigos Universais.

A teoloxía do Amigo Público Universal era moi similar á da maioría dos cuáqueros. O Amigo fixo fincapé na importancia do libre albedrío, opúxose á escravitude e apoiou a abstinencia sexual.

Os membros máis comprometidos da Sociedade de Amigos Universais foron un grupo de mulleres solteiras que asumiron roles de liderado nas súas familias e comunidade. Na década de 1790, os membros da Sociedade adquiriron terras no oeste de Nova York, onde formaron o municipio de "Xerusalén" preto de Penn Yan.

A saúde do Amigo Público Universal viña en declive desde principios de século; en 1816 o predicador comezara a sufrir un edema doloroso, pero continuou recibindo visitantes e dando sermóns.[5][6]

O amigo deu un último sermón regular en novembro de 1818 e predicou por última vez no funeral da irmá Patience Wilkinson Potter en abril de 1819.[5][6]

O movemento e o seu líder foron moi criticados e, tras un motín en Filadelfia, o Amigo trasladouse ao entón descoñecido e salvaxe condado de Yates, no estado de Nova York. Isto levou a que o movemento quedase illado, pero un grupo de discípulos mantívose leal até a morte do Amigo por enfermidade en 1819.[7]

A Sociedade de Amigos Universais deixou de existir na década de 1860.

Moitos escritores retrataron ao Amigo como unha muller, ben unha estafadora manipuladora ou unha pioneira dos dereitos das mulleres. Outros, porén, percibían ao predicador como transxénero ou non binario e como unha figura pioneira na historia transexual.

Notas editar

  1. Wisbey 2009, p. 3.
  2. Moyer 2015, p. 13.
  3. Wisbey 2009, p. 163.
  4. Moyer 2015, p. 243.
  5. 5,0 5,1 Wisbey 2009, pp. 161–164.
  6. 6,0 6,1 Moyer 2015, pp. 189–190.
  7. Schmidt, Samantha (5 de xaneiro de 2020): "A genderless prophet drew hundreds of followers long before the age of nonbinary pronouns". Washington Post. Consultado o 21 de febreiro de 2022.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brekus, Catherine A. (2000): Strangers and Pilgrims: Female Preaching in America, 1740–1845. ISBN 0-8078-6654-7.
  • Juster, Susan (2000): "Neither Male nor Female". Possible Pasts: Becoming Colonial in Early America. Ithaca, N.Y.: Cornell University Press. ISBN 978-1-5017-1786-4, pp. 362–363.
  • Moyer, Paul B. (2015): The Public Universal Friend: Jemima Wilkinson and Religious Enthusiasm in Revolutionary America. Ithaca, N.Y.: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-5413-4.
  • Wisbey, Herbert A., Jr. (2009): Pioneer Prophetess: Jemima Wilkinson, the Publick Universal Friend. Ithaca, N.Y.: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-7551-1.

Ligazóns externas editar