Jeffery Matthew Taylor, nado o 23 de maio de 1989 en Norrköping, é un xogador sueco-americano de baloncesto profesional.

Jeffery Taylor
Información persoal
Nacemento 23 de maio de 1989 (34 anos)
Norrköping
Nacionalidade Suecia Suecia
Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Posición Ala / Escolta
Información da carreira
Instituto Hobbs (Hobbs, New Mexico)
Universidade Vanderbilt (2008–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 2 / Elección: 31
Por Charlotte Bobcats
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Charlotte Bobcats / Hornets (2012–2015)
Austin Spurs (2015)
Real Madrid (2015–2022)

Traxectoria profesional editar

Taylor foi seleccionado na 31ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Charlotte Bobcats.[1] O 13 de xullo de 2012 asinou o seu primeiro contrato profesional cos Bobcats.[2]

O 27 de agosto de 2015, Taylor asinou un contrato dun ano co Real Madrid da Liga ACB.[3] O 19 de xullo de 2016, Taylor e o Real Madrid chegaron a un acordo para ampliar un ano máis o seu contrato.[4]

Notas editar

  1. "Hornets take Davis with No. 1 pick in Draft". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  2. Jeffery Taylor Player Profile – RealGM
  3. "Official Announcement: Jeffery Taylor". realmadrid.com. 27 de agosto de 2015. 
  4. "Jeffery Taylor seguirá en el Real Madrid una temporada más". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar