Jean-Yves Thibaudet

pianista francés

Jean-Yves Thibaudet, nado en Lión o 7 de setembro de 1961,[1][2] é un pianista francés.[3]

Infotaula de personaJean-Yves Thibaudet
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
6th arrondissement of Lyon, Francia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatorio de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista de música clásica Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresPierre Barbizet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDecca Records Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjeanyvesthibaudet.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0857752 Facebook: thibaudet Spotify: 1Dot4uMsJMx8n1Xi7gAdV6 iTunes: 4721728 Musicbrainz: 519e9293-89ad-4413-af85-f00d4816bd46 Songkick: 3207626 Discogs: 835977 Deezer: 426250 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Jean-Yves Thibaudet naceu en Lión, Francia, de pais músicos, mais non profesionais. O seu pai tocaba o violín, e a súa nai, de orixe alemá, aprendeu a tocar ela soa o piano e foi quen introduciu a Jean-Yves no instrumento.

Thibaudet entrou no Conservatorio de Lión con cinco anos,[1] e comezou a estudar seriamente piano con varios mestres destacados. Realizou a súa primeira interpretación en público con sete anos. Gañou a medalla de ouro do conservatorio en 1974,[1] cando tiña doce anos, e posteriormente entrou no Conservatorio de París, onde estudou con Aldo Ciccolini e Lucette Descaves. Tres anos despois, gañou o primeiro premio do conservatorio, e con 18 anos gañou as audicións de concerto de artistas novos en Nova York.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Michael & Joyce Kennedy, 2007.
  2. Northworks, ed. (2006). "Interview with Jean-Yves Thibaudet". Consultado o 10 de xuño de 2010. 
  3. Fanfaire biography

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kennedy, Michael and Joyce. Oxford Concise Dictionary of Music (5th edition). Oxford: Oxford University Press, 2007. ISBN 978-0-19-920383-3.
  • Pound, Jeremy. "Le Grand Bleu", BBC Music Magazine, March 2010

Ligazóns externas editar