Jansemin, nado como Jacme Boèr e oficialmente Jacques Boé en Agen o 6 de marzo de 1798 e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 1864, foi un escritor occitano, precedente  de Mistral e do rexurdimento do Felibrige.

Infotaula de personaJansemin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1798 Editar o valor em Wikidata
Agen, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 1864 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Agen, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , peiteador Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioJansemin
Jasmin
Jacques Jasmin Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua occitana Editar o valor em Wikidata
Premios

IMSLP: Category:Jasmin Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Jansemin naceu no seo dunha familia humilde, seu pai era xastre e súa nai serventa. Estudou no seminario e logo aprendeu o oficio de barbeiro. En 1818 abriu na súa cidade natal unha barbería e mentres barbeaba comezou a recitar versos. A partir de 1822 comezou a compoñer para o entroido local, adquirindo certa fama local que se afirmou ao recitar a súa composición Lo Charivari en 1825. A súa consagración chegou máis tarde ao premialo a Academia de Agen polo seu poema Lo tres de mai, peza de circunscancias composta con ocasión da inauguración da estatua de Henrique IV en Nerac. En 1835 apareceu a primeira versión da súa grande obra Las Papilhòtas, que eloxiada por Charles Nodier en Le Temps [1] logrou o recoñecemento unánime, converténdoo nunha celebridade. Percorreu Occitania declamando os seus versos diante numeroso público, e mesmo diante do rei Lois Filipe I en 1842 do emperador Napoleón III en 1853[2]. O diñeiro logrado nos seus recitais ía para os pobres. En 1852 a Acadèmia Francesa concedeulle unha pension e o papa Pío IX fíxoo cabaleiro de San Xurxo e Lois Filipe I[3] outorgoulle o grao de cabaleiro da Lexión de Honra.

Obra editar

Gran narrador, foi capaz de revivir a poesía popular occitana e vai influír na maioría dos poetas da xeración posterior, considerándose un precursos do Felibritge. A súa obra recolleuse nos catro volumes de Las Papilhòtas (1835, 1842, 1854 e 1863). Un xénero que se fixo moi popular na literatura occitana da época foi a autobiografía en verso seguindo o seu "Mous soubenis" que gabaron Charles Nodier e Charles Augustin Sainte-Beuve[4]. Escribiu a súa obra na variedade local de Agen, que é linguadociana malia que a localidade é historicamente gascona.

Notas editar

  1. Paul Fabre (2016) 1000 ans de renaissance occitane. Gilbert Jaccon p. 69
  2. Samuel Smiles (1891) Jasmin Barber, Poet, Philanthropist p. 256
  3. "Jasmin, «Homère sensible et pathétique des prolétaires»" La Depeche du Midi, 25 de xullo de 2017
  4. "Jasmin / Jansemin (1798-1864)" 1000 ans de littérature d’Oc. Université Paul-Valéry