Jani Gal

filme de 2007 dirixido por Jamil Rostami

Jani Gal (en kurdo central: ژانی گەل) é un filme iraquí de 2007 rodado en lingua kurda e dirixido por Jamil Rostami, quen coescribiu o guión con Khosro Sina e tamén foi o produtor. O filme está baseado na novela homónima de Ibrahim Ahmad de 1972. Está protagonizado por Nzar Salami, Renas Wrya e Abdul Hamajwan. A historia, ambientada no Kurdistán das décadas de 1940 e 1950, narra a crónica de Jwamer despois de saír do cárcere e a procura da súa muller e do seu fillo. Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1][2]

Jani Gal
Ficha técnica
Título orixinalژانی گەل
DirectorJamil Rostami
ProdutorJamil Rostami
Guión
  • Khosro Sina
  • Jamil Rostami
Baseado enJani Gal de Ibrahim Ahmad
Intérpretes
  • Nzar Salami
  • Renas Wrya
MúsicaKaren Homayounfar
FotografíaNader Masumi
MontaxeMorteza Moeeni
EstudioSuli Film
Estrea22 de xullo de 2007
Duración100 minutos
Orixe Iraq
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt1130841 Allmovie: v431440 Editar o valor em Wikidata
  1. "A Record 63 Countries Vying For Best Foreign-Language Oscar Nod". Yahoo! Movies. 2007-10-17. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2008. Consultado o 2008-06-23. 
  2. Gaydos, Steven; McCarthy, Libby (2008-01-15). "Oscar's foreign film race heats up". Variety. Consultado o 2008-06-23. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar