Jan Bernatowicz foi un relixioso católico armenio da arquieparquía de Lviv, na que protagonizou un intento de cisma a finais do século XVII.

Infotaula de personaJan Bernatowicz
Biografía
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era pertencente a unha familia armenia rica e influente de Polonia, os Bernatowicz (tamén Bernardowicz). Estudou en Armenia, onde obtivo a confianza do catholicos Xacobe IV, e á súa volta a Lviv en 1664 trouxo unha carta deste anunciando a súa intención de visitar a arquidiocese.[1]

En 1668 Bernatowicz acompañou ó arcebispo Torosowicz cando foi chamado a Roma debido a diversos problemas no goberno da arquidiocese, e volveu a Polonia ó ano seguinte para obter o apoio dos fieis e do rei Miguel I de Polonia á volta de Torosowicz a Lviv, á que se opuña a Congregación para a Propagación da Fe.[1]

En 1681 finou en Lviv o arcebispo Torosowicz. Ó estar o coadxutor, Wartan Hunanian, en prisión en Armenia, o clero da diocese elixiu como administrador a Gabriel Zachnowicz, e neste período de interregno, Bernatowicz decidiu tentar facerse co poder.

Bernatowicz marchou en 1682 supostamente en peregrinación a Terra Santa, aínda que en realidade visitou o catholicos de Cilicia Isaac, quen lle consagrou como "bispo de Kamianets", aínda que dita diocese non existía.[1][2] A súa volta a Lviv en 1683 levou a confrontacións entre os armenios, e animou aos contrarios á unión.[1] Bernatowicz tentou estabelecer a diocese de Kamianets, e ó mesmo tempo facerse co control da arquieparquía de Lviv, botando ó administrador Zachnowicz.[1]

Porén, Zachnowicz acudiu ó nuncio Pallavicini, quen excomungou a Bernatowicz coas acusacións de se ter feito consagrar por un opoñente á unión e por tentar crebar a arquidiocese, e prohibiu ós católicos armenios consideralo bispo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Obertyński, Zdzisław (1974). "Unia ormian polskich". Historia Kościoła w Polsce (en polaco). Vol. 1, parte 1. Poznań: Pallottinum. pp. 339–340. 
  2. Petrowicz 1988, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Petrowicz, Gregorio (1988). La Chiesa Armena in Polonia e nei paesi limitrofi: 1686-1954 (en italiano) 3. Pontificio Instituto de Estudos Eclesiásticos.