James Edward Cracknell, nado o 5 de maio de 1972 en Sutton, é un remeiro británico, dobre medallista olímpico de ouro.

Infotaula de personaJames Cracknell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de maio de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Sutton, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLondres Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Reading
Universidade de Brunel (pt) Traducir
Kingston Grammar School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura192 cm Editar o valor em Wikidata
Peso100 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro , ocean rower (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Conservador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
DeporteRemo Editar o valor em Wikidata
Participou en
2004rowing at the 2004 Summer Olympics – men's coxless four (en) Traducir
2000rowing at the 2000 Summer Olympics – men's coxless four (en) Traducir
1996rowing at the 1996 Summer Olympics – men's double sculls (en) Traducir
Strictly Come Dancing, series 17 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBeverley Turner (en) Traducir (2002–) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1795042 Facebook: OfficialJamesCracknell Twitter: jamescracknell Instagram: jamescracknell Olympic.org: james-cracknell Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mentres estudaba na Kingston Grammar School comezou a practicar remo; participou nos campionatos xunenís de 1989 e 1990, logrando unha medalla de ouro en 1990. Licenciouse na Universidade de Reading en xografía humana. Competiu en numerosas ocasións en campionatos mundiais de remo sen lograr medalla ata que en 1997 formou equipo con Steve Redgrave, Matthew Pinsent e Tim Foster na categoría de catro sen temoneiro e con este equipo gañou os campionatos mundiais de 1997, 1998 e 1999 (neste caso con Ed Coode substituíndo ao lesionado Foster) e finalmente a medalla de ouro nas olimpiadas de 2000. Meses antes participara no documental Gold Fever da BBC que seguía ao equipo na súa preparación olímpica. Ao se retirar Redgrave, formou equipo con Pinsent de dous sen temoneiro e con el gañou o ouro no campionato mundial de 2001, ademais lograron outro ouro en dous con temoneiro, e no de 2002. A tempada 2003 foi mala para a parella e en 2004 decidiron ir na categoría de catro sen temoneiro, con Steve Williams e Alex Partridge. Ed Coole substituíu a Partridge, lesionado, a tempo para participar nos Xogos Olímpicos de 2004 nos que lograron o ouro logo de derrotar os campións canadenses por 0.08 segundos.

En 2005 participou na carreira de remo oceánico Atlantic Rowing Race co Spirit of EDF Energy facendo parella con Ben Fogle, e aínda que logo de 49 días, 19 horas e 8 minutos cruzaron primeiros na categoría de parellas o uso de auga de lastre supúxolles, segundo as n normas da competición, unha penalización e quedaron finalmente segundos na súa categoría.

En febreiro de 2006 Cracknell anunciou a súa retirada do remo de competición e pouco despois a BBC emitiu Through Hell and High Water que seguía a experiencia de Cracknell e Fogle Spirit of EDF Energy na súa carreira polo Atlántico, e sobre esa experiencia a parella tamén editou o libro The Crossing: Conquering the Atlantic in the World's Toughest Rowing Race.

En decembro de 2008 participoucon Ben Fogle e Ed Coats[1] na Amundsen Omega3 South Pole Race, quedaron segundo por atrás dos noruegueses. A BBC emitiu unha serie de cinco capítulos, os domingos en horario de máxima audiencia, sobre a aventura On Thin Ice e tamén fixo un libro sobre ela, Race to the Pole.

Cracknell presentou deportes na ITV e Channel 4. Cubriu The Boat Race 2007 con Mark Durden-Smith para a ITV e presenta na ITV as competicións do British Superbike Championship. E tamén é o presentador principal en Channel 4 da Red Bull Air Race World Series. É columnista de The Daily Telegraph.

Presentouse nas listas do Partido Conservador pola circunscrición do Suroeste de Inglaterra para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014[2] e malia ser terceiro non logrou ser elixido.

Notas editar

  1. Gordon, Bryony (8 de outubro de 2008). "James Cracknell's race to the South Pole". Telegraph.co.uk. 
  2. "James Cracknell: Why I'm standing as an MEP". The Daily Telegraph (London). 2 de xuño 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2019. Consultado o 30 de abril de 2019.