James C. Adamson

astronauta estadounidense

James Craig Adamson, nado en Warsaw, Nova York, o 3 de marzo de 1946, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-28 e STS-43.[1][2]

Modelo:BiografíaJames C. Adamson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Warsaw, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton
Conference Board of Canada (en) Traducir
Universidade McMaster (pt) Traducir
Academia Militar dos Estados Unidos (pt) Traducir
Escola de Piloto de Teste Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta, Enxeñeiro de aviación, aviador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNASA, astronauta
Academia Militar dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarcoronel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra do Vietnam Editar o valor en Wikidata
Tempo no espazo13 días, 22 horas e 21 minutos Editar o valor en Wikidata
Misión do astronauta
Premios

Traxectoria

editar

Adamson graduouse en enxeñaría e como tenente segundo da Armada pola Academia Militar de West Point en 1969 e é máster en enxeñaría aeroespacial pola Universidade de Princeton en 1977.[1][2]

Estivo empregado pola NASA no Centro Espacial Lyndon B. Johnson entre 1981 e 1992 traballando como piloto de probas e oficial de aerodinámica no control de misión durante a fase de probas do programa do transbordador espacial. Foi seleccionado como astronauta en 1984, participando nas misións STS-28 e STS-43 e pasando un total de 13,93 días no espazo. Retirouse da NASA en xuño de 1992, aínda que seguiu como consultor da axencia.[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Adamson, James Craig 'Jim'" (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (outubro de 2002). "JAMES C. ADAMSON (COLONEL, U.S. ARMY, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar