James Buchli

Astronauta estadounidense

James Frederick Buchli é un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-51-C, STS-61-A, STS-29 e STS-48. Pasou un total de 20,43 días no espazo.[1][2]

James Buchli
Datos persoais
Nacemento20 de xuño de 1945
LugarNew Rockford
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
MisiónsSTS-51-C, STS-61-A, STS-29 e STS-48
Tempo no espazo20,43 días
PremiosLexionario da Lexión do Mérito, Purple Heart e Medalla do Aire
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Buchli naceu o 20 de xuño de 1945 en New Rockford, Dakota do Norte. É graduado en enxeñería aeronáutica pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1967, e graduado en enxeñería astronáutica polo Instituto Tecnolóxico da Forza Aérea e en enxeñería de sistemas aeronáuticos pola Universidade de Florida Oeste en 1975. Está casado con Jean Oliver e ten dous nenos.[1][2]

Pasou a ser astronauta oficialmente en agosto de 1979. Formou parte da tripulación das misións STS-51-C, STS-61-A, STS-29 e STS-48.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "James F. Buchli (Colonel, USMC, Ret.) NASA Astronaut (former)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Buchli, James Frederick" (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar