Jake Layman

baloncestista estadounidense

Jake Douglas Layman, nado o 7 de marzo de 1994 en Norwood (Massachusetts), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Jake Layman
Información persoal
Nacemento 7 de marzo de 1994 (30 anos)
Massachusetts Norwood, Massachusetts
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 95 kg (209 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Instituto King Philip Regional
(Wrentham, Massachusetts)
Universidade Maryland (2012–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: 2 / Elección: 47
Por Orlando Magic
Carreira desde 2016
Historial de equipos
Portland Trail Blazers (2016–2019)
Windy City Bulls (2017)
Minnesota Timberwolves (2019–2022)

Traxectoria profesional editar

O 23 de xuño de 2016, Layman foi escollido na 47ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Orlando Magic, e foi traspasado nesa mesma noite do Draft ós Portland Trail Blazers, a cambio dunha futura elección da segunda rolda.[1] O 6 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Trail Blazers.[2] Debutou na NBA o 1 de novembro de 2016, facendo 17 puntos na derrota dos Blazers por 127–104 contra os Golden State Warriors.[3]

O 8 de xullo de 2019, Layman asinou un novo contrato de tres anos cos Blazers antes de ser traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dos dereitos do Draft de Bojan Dubljević.[4]

O 9 de novembro de 2022, Layman asinou por unha tempada co Bàsquet Manresa da Liga ACB.[5] Poucos días máis tarde, o 15 de novembro, o Manresa decidiu rescindir o contrato do xogador por unha lesión.[6]

Notas editar

  1. "Trail Blazers acquire draft rights to Jake Layman". NBA.com. 23 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2016. 
  2. "Trail Blazers sign Jake Layman". NBA.com. 6 de xullo de 2016. Consultado o 6 de xullo de 2016. 
  3. "Curry has 28 points and Warriors beat the Blazers 127-104". ESPN.com. 1 de novembro de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2016. 
  4. "Timberwolves Acquire Jake Layman". NBA.com. 8 de xullo de 2019. 
  5. "Jake Layman, capacidad atlética y tiro para el BAXI Manresa". ACB.com. 9 de novembro de 2022. 
  6. "Jake Layman no formarà part del BAXI Manresa". basquetmanresa.com. 15 de novembro de 2022. Consultado o 17 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar