Jaime Paredes

futbolista español

Jaime Paredes Martín, nado en Leganés o 2 de novembro de 1990, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo na SD Logroñés, da Primeira División RFEF.

Paredes
Información persoal
Nome Jaime Paredes Martín
Nacemento 2 de novembro de 1990
Lugar de nacemento Leganés
Altura 1,76 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual SD Logroñés
Número 3
Carreira xuvenil
Móstoles
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2010 Móstoles
2010–2012 Puerta Bonita
2012–2013 Atlético Levante 39 (1)
2013–2014 Almería B 38 (1)
2014–2015 La Hoya Lorca 37 (2)
2015–2020 UD Logroñés 126 (5)
2020–2021 San Sebastián de los Reyes 18 (1)
2021– SD Logroñés 69 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse na canteira do Móstoles, debutando co primeiro equipo na tempada 2009(10.[1] Despois de dous anos xogando en Terceira co Puerta Bonita, deu o salto á Segunda División B, categoría na que militou durante os seguintes nove anos, vestindo as camisetas de Atlético Levante, Almería B,[2] La Hoya Lorca, UD Logroñés e San Sebastián de los Reyes.[3] Para a tempada 2021/22 fichou pola SD Logroñés, da nova Primeira División RFEF.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Jaime Paredes, primer fichaje de la SD Logroñés para el próximo curso" (en castelán). 7 de xuño de 2021. Consultado o 22 de novembro de 2023. 
  2. García, Nico (27 de xullo de 2013). "Tiene hambre" (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2023. 
  3. "Jaime Paredes abandona UD Logroñés y ficha por el San Sebastián de los Reyes". La Vanguardia (en castelán). 27 de xullo de 2020. Consultado o 22 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar