Jaime Caruana Lacorte nado en Valencia o 14 de marzo de 1952 foi o Gobernador do Banco de España entre xullo do 2000 e xullo de 2006.

Modelo:BiografíaJaime Caruana

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Gobernador do Banco de España
12 de xullo de 2000 – 12 de xullo de 2006
← Luis Ángel RojoMiguel Ángel Fernández Ordóñez (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, enxeñeiro, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
23 de xaneiro de 2013Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1539702

Traxectoria

editar

Caruana naceu en Valencia e realizou os estudos de telecomunicacións na Universidade Politécnica de Madrid, obtendo o título de enxeñeiro en 1974. Tras seis anos á fronte do Banco de España como Gobernador, pasou a formar parte do G30 (Group of Thirty), institución de análises financeiros e macroeconómicos con sede en Washington. Formou tamén parte dos acordos de Basilea II, gañándose o respecto dos reguladores da industria de servizos financeiros por conseguir un acordo para o texto revisado en xuño de 2004.

En agosto de 2006 entrou no Fondo Monetario Internacional (FMI) da man do entón presidente Rodrigo Rato como conselleiro e director do Departamento de Mercados Monetarios e de Capital. En novembro de 2008 foi nomeado director xeral do Banco de Pagos Internacionais.

O 26 de maio de 2006 ao final do seu mandato como Gobernador, a asociación de inspectores do Banco de España enviou unha "nota informativa" ao Ministerio de Economía e Facenda alertando da pasividade dos órganos reitores do banco central ante o "insostible crecemento do crédito bancario en España durante os anos de mandato do señor Caruana",[1][2] relacionando a mesma co estoupido da burbulla do ladrillo que aconteceu uns meses despois.

Foi sucedido á fronte do Banco de España por Miguel Ángel Fernández Ordóñez, militante do Partido Socialista Obrero Español e antigo Secretario de Estado.

Predecesor:
Luis Ángel Rojo Duque
Gobernador do Banco de España
20002006
Sucesor:
Miguel Ángel Fernández Ordóñez
  1. El Mundo (21 de febrero de 2011). "Los inspectores del Banco de España avisaron al Gobierno de la crisis en 2006". Consultado o 28 de febreiro de 2011. 
  2. El País (22 de febrero de 2011). "La inspección culpó a Caruana del alto riesgo inmobiliario de bancos y cajas". Consultado o 28 de febreiro de 2011.