Jaime Alfonsín
Jaime Alfonsín Alfonso, nado en Lugo o 18 de agosto de 1956, é un avogado galego, que foi xefe da Casa da Súa Maxestade el-Rei dende 2014 ata 2024.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1956 (68 anos) Lugo, España |
Chief of the Royal Household of Spain (en) | |
24 de xuño de 2014 – 19 de xaneiro de 2024 ← Rafael Spottorno (pt) – Camilo Villarino → Nomeado por: Filipe de Borbón e Grecia | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid - dereito (–1978) |
Actividade | |
Ocupación | avogado |
Empregador | Universidade Pontificia Comillas, profesor universitario Universidade Autónoma de Madrid, profesor universitario Barclays (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Natalia Uranga |
Fillos | Natalia Alfonsín Uranga, María Alfonsín Uranga |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid en 1978 foi premio extraordinario da súa promoción. En 1980, ingresou no Corpo de Avogados do Estado sendo destinado ás delegacións de Facenda en Teruel e Cuenca, no Ministerio da Presidencia, no Tribunal Supremo e na Asesoría Xurídica da Comisión da Unión Europea. Ademais, foi Director Xeral de Cooperación cos Réximenes Autonómicos do Ministerio da Administración Territorial no goberno presidido por Leopoldo Calvo-Sotelo.[1]
Posteriormente, ocupou cargos no sector privado: entre 1984 e 1992 foi secretario xeral e xefe da asesoría xurídica de Barclays Bank, e logo, entre 1992 e 1995 incorporouse como letrado ao bufete Menéndez&Uría. Asemade, foi docente universitario de Dereito da Unión Europea no ICADE e de Dereito Fiscal na Universidade Autónoma de Madrid.[2]
En 1995 asumiu a Xefatura da Secretaría da súa Alteza o Príncipe de Asturias. Logo da chegada ao trono de Filipe VI de España, este nomeouno Xefe da Casa del-Rei o 23 de xuño de 2014.[3] Foi destituído[4] case unha década despois, en xaneiro de 2024, e substituído polo diplomático Camilo Villarino. Alfonsín, que nese momento estaba en idade de xubilación, pasou a formar parte do consello privado del-Rei.[4]
Notas
editar- ↑ Pérez, Julio (2014-06-04). "Jaime Alfonsín, el gallego que profesionalizó a Felipe VI". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-08-11.
- ↑ "Inicio - Área de Prensa - D. Jaime". www.casareal.es. Consultado o 2022-08-11.
- ↑ "BOE.es - BOE-A-2014-6619 Real Decreto 542/2014, de 23 de junio, por el que se nombra Jefe de la Casa de Su Majestad el Rey a don Jaime Alfonsín Alfonso.". www.boe.es. Consultado o 2022-08-11.
- ↑ 4,0 4,1 Riveiro, Aitor (2024-01-19). "Felipe VI destituye a Jaime Alfonsín como jefe de la Casa del Rey y nombra al diplomático Camilo Villarino". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-01-20.