Jago Geerts

piloto de motocrós


Jago Geerts, nado en Balen o 21 de abril de 2000, é un piloto belga de motocrós .

Infotaula de personaJago Geerts

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 2000 Editar o valor em Wikidata (24 anos)
Balen, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motocrós Editar o valor em Wikidata
DeporteMotocross Editar o valor em Wikidata

Carreira editar

En 2015, Geerts comezou a competir no Campionato Europeo de 125cc, con KTM. Despois de perderse o comezo da tempada por lesión, fíxose cun segundo posto en Bélxica e conseguiu vitoria nos Países Baixos. Quedou 11º na clasificación final. En 2016, proclamouse campión europeo de 125cc[1] con máis de cen puntos de vantaxe sobre o segundo, o francés Stephen Rubini.[2] Dos oito Grandes Premios gañou tres, quedou tres veces segundo e dúas veces terceiro.

En 2017 Geerts participou no Campionato Europeo MX2. Subiu dúas veces ao podio e finalizou sétimo no campionato. Nese ano tamén tivo algunha participación no Campionato Mundial de Motocrós, no que acabou con 49 puntos na clasificación final.

En 2018, xa correu a tempo completo no Campionato Mundial MX2 con Yamaha, baixo a dirección de Marnicq Bervoets. Conseguiu subir ao podio no Gran Premio de Letonia, por detrás de Thomas Kjær Olsen e finalizou a tempada en 10ª posición.[2]

Na tempada 2019 do Mundial, conseguiu o terceiro posto nos Países Baixos e Rusia e catro segundos postos en Trentino, Francia, Letonia e Turquía,[3] todos eles por detrás de Jorge Prado.[2] Rematou o campionato como terceiro clasificado.

Notas editar

  1. "Jago Geerts champion d’Europe 125cc !" (en francés). 31 de xullo de 2016. Consultado o 16 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Estatísticas". www.mxgp.com (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2019. 
  3. "Jorge Prado logra la perfección en Letonia" (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019.