Jacqueline Mutere

Jacqueline Mutere é unha activista dos dereitos das mulleres kenyanas, cofundadora de Grace Agenda, unha fundación que proporciona asistencia e asesoramento ás vítimas de violación en Kenya. Mutere tamén é membro de National Victims and Survivors Network (en galego, Rede Nacional de Vítimas e Sobreviventes), unha organización que procura dar seguimento á axenda de reparacións da Comisión da Verdade, Xustiza e Reconciliación (TJRC).[1]

Infotaula de personaJacqueline Mutere
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeKenya Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mutere fundou orixinalmente Grace Agenda en 2010 para apoiar ós fillos de vítimas de violación durante a violencia postelectoral de 2007-2008 en Kenya, despois de que ela mesma experimentara violencia sexual durante os disturbios. Pouco despois de crear a fundación, Mutere decatouse de que moitas nais destes nenos tamén precisaban un lugar seguro para falar sobre o seu trauma, e ​​que ó proporcionar esa saída, menos nais transmitirían o seu trauma ós seus fillos.[2][3]

Mutere tamén se centra en meter presión ó goberno de Kenya para que cumpra a súa promesa de distribuír máis de 100 millóns de dólares en reparacións ás sobreviventes de violación durante os disturbios de 2007-2008. Estes esforzos incluíron unha marcha pacífica para entregar unha petición ó senado de Kenya para lembrar ós seus membros as promesas que fixeron ás sobreviventes de violación.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Jaqy Mutere – A Steadfast Voice for Women Battling Shame and Stigma in Kenya". ICTJ. 30 de abril de 2019. Consultado o 9 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Meet 3 heroic mothers building a better world against the odds". Global Citizen (en francés). Consultado o 2021-03-09. 
  3. 3,0 3,1 Berkley Center for Religion, Peace and World Affairs. "Jacqueline Mutere". berkleycenter.georgetown.edu (en inglés). Consultado o 2021-03-09.