Jacopo della Quercia

artista italiano

Jacopo di Pietro D'Agnolo di Guarnieri, coñecido como Jacopo della Quercia, nado en Siena en 1374 e finado en 1438, foi un escultor italiano do Alto Renacemento ou Quattrocento. Tentou realizar unha síntese entre a escultura gótica de Giovanni Pisano e a borgoñoa, especialmente a de Claus Sluter, por unha banda, e co clasicismo da Antigüidade por outra, asimilando as descubertas recentes do renacemento florentino: o seu maior interese verteuse nas figuras humanas, que rendeu monumentais e atravesadas dunha vitalidade rachadora. A súa obra non achou continuadores inmediatos, podéndose falar del como dun artista illado, que só sería sucedido por Michelangelo.

Infotaula de personaJacopo della Quercia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1374 Editar o valor em Wikidata
Quercegrossa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de outubro de 1438 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Siena Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
MovementoRenacemento Editar o valor em Wikidata
AlumnosNiccolò da Bologna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsPriamo della Quercia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Figura da Fonte Gaia, Siena

Biografía artística editar

 
Madonna da Humildade, National Gallery, Washington

Nado en Siena, probabelmente entre o 1371 e o 1374. Seu pai era ourive e tallista en madeira, chamado Piero d’Angelo di Guarnieri, e a súa nai, Maddalena. Arredor de 1386 trasladouse coa súa familia a Lucca, onde entrou a traballar nun obradoiro co escultor Antonio Pardini.

No 1401 participou no concurso para a execución da porta norte do Baptisterio de Florencia.

En Ferrara editar

En setembro de 1403 estaba en Ferrara para executar no Duomo a marmórea Madonna da milgranda, terminada en 1408. No estilo destas obras transparéntanse os influxos do gótico internacional, que o autor fai propios nunha estancia en Bologna.

En Lucca editar

Entre 1406 e 1407, realiza o monumento funerario de Hilaria del Carretto, na catedral de San Martino de Lucca obra encargado polo marido daquela, Paolo Guinigi, señor de Lucca, nel 1405. A iconografía deriva da Borgoña, co retrato da defunta, ricamente vestida, que xace deitada nun cadaleito, e un cadeliño aos pés, símbolo da fidelidade conxugal; os laterais do cadaleito están decorados con putti, motivo tomado dos sarcófagos clásicos.

En Siena editar

No 1409 foille encargada a Fonte Gaia, na praza do Campo en Siena, na que traballou desde 1414 até 1419. A obra era un tanque rectangular circundado en tres lados por un alto paramento, no que os dous lados curtos acollen baixorrelevos coa Creación de Adán e o Expulsión do Paraíso e, en pilastras anteriores a estatuas de vulto redondo de Rea Silvia e Acca Larencia. No paramento máis longo e central a Madonna co Neno, nun trono, arrodeada de Virtudes e Anxos. Nos relevos as figuras emerxen da superficie apenas definidas por un perfil oval con efectos de movemento circular; nas dúas estatuas de vulto redondo, as figuras seguen un perfil serpentino, equilibrando coa cabeza a curva do costado. A obra foi substituída por unha copia realizada en 1858 por Tito Sarrocchi, entanto o que ficaba do orixinal consérvase no museo do hospital Santa Maria della Scala, na Praza do Duomo.

Últimos anos editar

Do 1421 é o grupo entallado en madeira da Anunciación, executado para a Colexiata de San Gimignano.

Para a capela da familia Trenta na Basílica de San Frediano, en Lucca, fixo, en 1422, algunhas tumbas e o políptico esculpido: as figuras deste último son alongadas e serpentinatas, consonte o estilo do gótico internacional.

Entre 1425 e 1427 executou o relevo o Anuncio a Zacarías e cinco profetas, e máis o san Xoán Bautista para a pía bautismal de Siena. No relevo das figuras dotadas dunha vitalidade exultante, preceden á arquitectura.

De 1425 a 1434, traballou na decoración do portal central da basílica de San Petronio en Bologna. O ciclo comprendía relevos con historias da Xénese e da mocidade de Cristo. As figura son dinámicas e macizas. Nestas escenas obtén éxitos impresionísticos que serán retomados posteriormente por Miguelanxelo.

No ano 1435 traballa no monumento fúnebre de Bentivoglio, na igrexa de San Giacomo Maggiore de Bologna.

Faleceu en Siena no 1438.

O seu irmán Priamo della Quercia foi pintor, aínda que sen relevancia artística.

Outras obras editar

Obra de obradoiro editar

Véxase tamén editar