Jacobo Rial Barreiro, nado o 8 de abril de 1976 en Santiago de Compostela, é un árbitro de baloncesto galego.

Infotaula de personaJacobo Rial
Biografía
Nacemento8 de abril de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Educación Física pola Universidade da Coruña, Jacobo Rial comezou como árbitro en 1993, cando se adheriu ao Comité Galego de Árbitros. No ano 2000 comeza a arbitrar a nivel estatal na terceira división (Liga EBA). En 2005 comezou a arbitrar na Liga LEB e ao ano seguinte arbitrou xa oficialmente na categoría. No ano 2009 ascendeu[1] á primeira división do deporte en España, ao arbitrar o seu primeiro partido na Liga ACB.

  1. "El gallego Jacobo Rial, nuevo árbitro de la ACB". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-07-30. Consultado o 2022-04-14.