Jacobo Campos

futbolista español

Jacobo Campos Piñeiro, nado en Vigo o 15 de marzo de 1981, é un futbolista galego que xoga na demarcación de defensa.

Jacobo Campos
Información persoal
Nacemento 15 de marzo de 1981
Lugar de nacemento Vigo
Posición centrocampista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a dar os primeiros toques a un balón no Gran Peña Fútbol Club pasando pronto a formar parte do filial do Real Club Celta de Vigo, equipo co que debutaría en Primeira División Española no ano 2001, aínda que non se afianzaría como titular. Logo pasou por outros equipos españois, ata que no ano 2008 volve a Galiza para xogar no Coruxo Fútbol Club.

Convocárono varias veces para as categorías inferiores da Selección española de fútbol (sub-16, sub-17, sub-18 e sub-20), chegando a xogar un total de 13 partidos.

Xogou a Liga Fertiberia de Fútbol Indoor cos veteranos do Celta de Vigo. Na tempada 2013 proclamouse campión de liga e mellor xogador do torneo.[1]

Palmarés editar

Copas internacionais editar

Título Club País Ano
Copa Intertoto R. C. Celta de Vigo Vigo (España)
San Petersburgo (Rusia)
2000

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar