Jacobo Buceta

Xornalista galego.

Jacobo Buceta, nado en Vigo en 1975, é un xornalista de radio e televisión e escritor galego.[1]

Infotaula de personaJacobo Buceta
Biografía
Nacemento1975
Vigo
Datos persoais
País de nacionalidadeGalego
Actividade
OcupaciónXornalista, Escritor

Biografía editar

Jacobo Buceta naceu en Vigo en 1975 despois de que os seus pais, de Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa, se mudasen á cidade olívica.

En 1998 comezou a traballar para Radio Vigo, a emisora local da Cadena SER na cidade. No ano 2000 comezou a narrar as retransmisións deportivas do Real Club Celta de Vigo na mesma emisora. En 2008 pasa a dirixir o programa magazín Hoy por Hoy na súa edición de Vigo. Tamén colabora co programa deportivo Carrusel Deportivo coma comentarista de fútbol.

Desde 2006 presenta o programa Área de Juego en Localia Televisión.

Obras editar

Notas editar

  1. "Jacobo Buceta". Editorial Xerais. Consultado o 6 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar