Jack Dempsey

boxeador estadounidense (1895-1983)

William Harrison "Jack" Dempsey, nado en Manassa (Colorado) o 24 de xuño de 1895 e finado en Nova York o 31 de maio de 1983, foi un boxeador estadounidense, que mantivo o título de campión do mundo dos pesos pesados entre 1919 e 1926.[1][2]

Infotaula de personaJack Dempsey

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1895 Editar o valor em Wikidata
Manassa, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1983 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Peso87 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador , actor de cinema , actor , oficial Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaBoxeo
peso pesado (pt) Traducir
light heavyweight (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEstelle Taylor

IMDB: nm0218727 TV.com: people/jack-dempsey IBDB: 84374
WikiTree: Dempsey-743 Find a Grave: 275 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios editar

Dempsey era fillo de pais de orixe humilde, e marchou da casa aos dezaseis anos para tentar unha mellor condición de vida para el mesmo.

No inicio da súa carreira, Dempsey fixo algunhas loitas co pseudónimo de "Kid Blackie", mais posteriormente decidiu cambiar o seu nome por Jack Dempsey en homenaxe ao gran campión Jack Nonpareil Dempsey. A súa primeira loita coñecida co noveo alcume tivo lugar en 1914, cando Dempsey empatou con Young Herman, nun combate de seis asaltos.[1][3]

Tras esa loita inaugural contra Herman, Dempsey encadeou unha secuencia de seis vitorias por K.O., antes de sufrir a súa primeira derrota por Jack Downey, en 1915. Dempsey atravesou entón un momento delicado na carreira, cando nun curto espazo de tempo acumulou outros tres empates, dous deles contra Johnny Sudenberg e un terceiro contra Jack Downey.[1][4]

No entanto, tras ese segundo encontro contra Downey, a carreira de Dempsey comezou a medrar de novo cando conseguiu unha serie de dez vitorias consecutivas, entre as cales figuraban vitorias por K.O. contra Johnny Sudenberg e Jack Downey.

Conquista do título mundial editar

Buscando conquistar o título mundial dos pesos pesados, Dempsey enfrontouse a outros concorrentes, que incluían nomes como Fireman Jim Flynn, Gunboat Smith, Carl Morris, Bill Brennan e Billy Miske. Superado por Fireman Jim Flynn, en 1917, na única vez que foi derrotado por K.O. en toda a súa carreira, Dempsey despois acumulou quince vitorias e unha derrota no ano 1918.[1][4]

Entre as súas moitas vitorias obtidas en 1918, Dempsey conseguiu superar o K.O. sufrido contra Fireman Jim Flynn, ademais de vencer a Carl Morris, Bill Brennan, Billy Miske e Gunboat Smith. Se non for bastante, no mesmo ano, Dempsey conquistou moita fama por inflixir o primeiro K.O. na carreira do campión dos pesos medios Battling Levinsky.[1][4]

Desa forma, tras esta actuación en 1918, Dempsey tivo a oportunidade de disputar o título mundial, cando a mediados de 1919 subiu ao ring contra o xigantesco campión Jess Willard. Realizada en Toledo (Ohio), a loita entre Willard e Dempsey acabou transformándose nunha verdadeiro sorpresa, xa que foi o pequeno Dempsey quen conseguiu atordar o xigante Willard sete veces no primeiro asalto. Resistindo bravamente o ímpeto de Dempsey nos asaltos seguintes, impediron que Willard volvese da súa esquina no cuarto asalto, en virtude das súas graves feridas, que incluían fraturas na mandíbula e nos osos da face, ademais da rotura de varios dentes e algunhas costelas quebradas.[2][5]

Esa vitoria de Demspey sobre Willard volveuse posteriormente un motivo de controversia, dada a especulación levantada por un artigo xornalístico de que Dempsey colocara obxectos metálicos no interior da súa luva, o que explicaría a razón da extensión das lesións sufridas por Willard. En contraposición, existe outra vertente que, mediante análises fotográficas, suxire que as lesións de Willard puideron ser esaxeradas pola prensa da época.

Defensas dos títulos e pausa na carreira editar

Unha vez declarado campión do mundo dos pesos pesados, Dempsey puxo o seu cinto en disputa por primeira vez en 1920, contra Billy Miske. Tras vencelo facilmente por K.O. en só tres asaltos, no mesmo 1920 fixo a súa segunda defensa do título. Pelexando contra Bill Brennan, Dempsey atopara un adversario á súa altura, dado que, transcorridos dez asaltos, Dempsey sangraba profusamente pola orella esquerda e ía por detrás na conta dos puntos. Con todo, no décimo asalto, Dempsey encaixou unha poderosa serie de golpes en Brennan, que caeu na lona e xa non se puxo en pé.[4]

Na súa terceira defensa do cinto dos pesos pesados, Dempsey enfrontouse ao francés Georges Carpentier, entón campión do mundo dos pesos medios e, para moitos no seu tempo, o considerado mellor boxeador en activo. A pelexa entre Dempsey e Carpentier, que tivo lugar en 1921, foi a primeira na historia que foi transmitida pola radio, ademais de atraer un público de máis de oitenta mil persoas ao local; isto acabou por converter esta pelexa na primeira da historia que facturou máis dun millón de dólares. Dempsey dominou a loita, castigando a Carpentier duramente, que acabou indo á lona no cuarto asalto. Carpentier aínda conseguiu erguerse, mais só para volver a ser golpeado ata o K.O. por Dempsey, que acabou mantendo o seu cinto.[6]

Despois de superar a Carpentier, Dempsey só volveu a poñer o seu cinto en xogo en 1923, de novo por dúas veces. Primeiro enfrontouse a Tommy Gibbons, nunha loita en que Dempsey gañou nos puntos tras quince asaltos. Deseguida, Dempsey loitou contra o arxentino Luis Ángel Firpo, nun combate que durou só dous asaltos. No primeiro deles, Dempsey atordou a Firpo sete veces, mais o arxentino recuperouse e conseguiu sorprender a Dempsey, aplicando un duro golpe que fixo que o campión fose lanzado p fóra do ring. Tras retornar, o atordado Dempsey conseguiu resistir ao final do primeiro asalto. Visiblemente abalado ao termo deste asalto, Dempsey volveu determinado ao segundo e desta forma volveu a atordar a Firpo, que se ergueu unha última vez antes de que Dempsey o mandase definitivamente para a lona.[7]

Sobrevivindo á batalha contra Firpo, Dempsey negouse a poñer o seu cinto en xogo contra o boxeador negro Harry Wills e, sen volver realizar unha pelexa oficial nos tres anos que seguiron, pasou a dedicarse a outras formas de obter cartos, tales como participar en filmes ou facendo propaganda de produtos para consumo.

Perda do título, desquite e retirada editar

 
Exhibición pública de Dempsey co mago Houdini, xunto con outro boxeador, Benny Leonard

Tras tres anos afastado do ring, a mediados de 1926, Dempsey volveu contra o ex-fusileiro naval e boxeador de talento Gene Tunney, nunha loita que atraeu un público récord de 120 577 pessoas. Amplamente dominado por Tunney, ao longo de dez asaltos, Dempsey acabou perdendo a pelexa aos puntos, nunha decisión unánime dos xuíces, que lle custou a perda de seu cinto.[1][4]

Dempsey pensou en retirarse tras a súa débil actuación contra Tunney, mais, reconsiderando a idea, case un ano máis tarde, a mediados de 1927, subiu ao ring contra Jack Sharkey, nunha pelexa eliminatoria, na que o vencedor conquistaría o dereito de desafiar o campión Genne Tunney. Dominado por Sharkey dende o inicio da loita, Dempsey acabou vencendo no sétimo asalto, mediante un K.O. controvertido, visto que o golpe decisivo de Dempsey resultou nun momento de oportunismo, cando Sharkey se virara cara ao árbitro, deixándose desprotexido, a fin de reclamar que Dempsey viña lanzando golpes contra el baixo a liña da cintura.[8]

Dous meses despois da vitoria sobre Sharkey, Dempsey volveu a enfrontarse a Tunney no ring, nunha loita válida polo título mundial dos pesos pesados, que tivo lugar en Chicago e resultou nunha facturación récord de máis de dous mil millóns de dólares na billetería. Ese segundo encontro entre Dempsey e Tunney acabou xerando un dos momentos máis polémicos en toda a historia do boxeo, cando Dempsey derrubou a Tunney no sétimo round. Nese momento acababa de estipularse unha nova regra nos combates que determinaba que cada vez que un boxeador atordase o seu opoñente, debería inmediatamente agardar nunha esquina neutral mentres o árbitro facía o conta. Aparentemente esquecendo a nova regra, despois de atordar a Tunney, Dempsey non obedeceu a orde do árbitro de ir ata a esquina neutral, manténdose en pé achegado a Tunney. Dese xeito, o árbitro perdeu tempo insistindo para que Dempsey se movese antes de iniciar a conta para Tunney, o que resultou en cinco segundos útiles para que Tunney se recuperase. Como o árbitro non tivo en conta os segundos gastados en obrigar a Dempsey a ir á esquina, Tunney puido volver ao combate, resistindo ata o final do asalto, e logo completamente recuperado para o oitavo, cando conseguiu atordar a Dempsey, que se levantou rapidamente. A pelexa chegou entón á fin dos dez asaltos, ao final dos cales todos os xuíxes deron a vitoria a Tunney.[9]

Incapaz de recuperar o seu título mundial, Dempsey nunca máis volveu realizar unha pelexa oficial tras perder no desquite contra Tunney e no principio de 1928 resolveu anunciar a súa retirada.[1] Trala retirada, adestrou xudo e loita libre e tamén se converteu en adestrador de boxeo. Fixo amizade cos seus rivais Wills e Tunney e era unha persoa moi querida no seu país.

Cinema editar

Dempsey actuou en vinte filmes entre 1920 e 1958, o primeiro deles Daredevil Jack, dirixido por W. S. Van Dyke en 1920, unha produción da Astra Film Corporation, distribuída por Pathé.[10]

Falecemento editar

Dempsey faleceu en 1983, aos 87 anos de idade, a causa dunha insuficiencia cardíaca. O seu corpo está enterrado no Southampton Cemetery, en Nova York.[1][2]

Estilo de loita editar

O estilo agresivo e o poder destrutor de Dempsey fixeron del un dos boxeadores máis populares da historia do deporte. Áxil, forte e bastante agresivo, Dempsey usaba combinacións e golpes duros para minar os seus adversarios, que non poucas veces eran máis altos ca el. Alén diso, Dempsey, que era destro, tamén era capaz de adquirir unha postura de manicho durante un combate, o que confundía moito os seus opoñentes e axudou a facer máis notable o seu potente gancho de esquerda.[1] A súa serie de golpes cruzados alternados entre esquerda e dereita empregando movementos circulares co corpo foi coñecida como Dempsey Roll e foi bastante utilizada por Mike Tyson.

Legado editar

En 1990, Jack Dempsey formou parte da primeira selección de boxeadores que tiveron os seus nomes inmortalizados no International Boxing Hall of Fame.[11]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Jack Dempsey no Cyber Boxing Zone" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Jack Dempsey no BoxRec (Bio)" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2011. 
  3. "Jack Dempsey no BoxRec (Cartel)" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Jack Dempsey no BoxRec (Cartel)" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2011. 
  5. "Jack Dempsey vs Jess Willard no BoxRec" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2011. 
  6. "Jack Dempsey vs Georges Carpentier no BoxRec" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2011. 
  7. "Jack Dempsey vs Luis Angel Firpo no BoxRec" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2011. 
  8. "Jack Dempsey vs Jack Sharkey no BoxRec" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2011. 
  9. "Jack Dempsey vs Gene Tunney no BoxRec (Revanche)" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2011. 
  10. Jack Dempsey no IMDB
  11. "Jack Dempsey no International Boxing Hall of Fame" (en inglés). Consultado o 16 de xullo de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar