Jānis Mendriks

Jānis Mendriks (en ruso: Я́нис Ме́ндрикс) nado en Aglona, Letonia (daquela, parte do Imperio ruso) o 21 de xaneiro de 1907 e finado en Vorkuta o 1 de agosto de 1953 na revolta do gulag soviético de Vorkuta. Foi un cura católico letón.

Jānis Mendriks
Янис Мендрикс.jpg
Nacemento21 de xaneiro de 1907
Lugar de nacementoAglona
Falecemento1 de agosto de 1953
Lugar de falecementoVorkuta
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeImperio Ruso, Letonia e Unión Soviética
Relixióncatolicismo
Alma mátersen etiquetar
Ocupaciónsacerdote católico
editar datos en Wikidata ]
A súa sepultura en Siberia. O ano de nacemento é incorreto.

TraxectoriaEditar

Nado en Letgallia, preto de Aglona, un territorio do antigo Imperio Ruso. Entrou na Orde dos padres marianistas no 1926 e foi ordenado sacerdote no 1938.

En 1950 foi preso e condenado a 10 anos nun campo de concentración en Vorkuta, na República dos Komis, onde estaba destinado a traballar nas minas de carbón da zona. Despois da morte de Iosif Stalin os detidos deste campo de concentración, na esperanza dunha liberación inminente, rexeitaran traballar. A policia do campo de concentración, ao entender que non conseguían convencer os presos a voltaren ao traballo nas minas, decidiu matalos.

O día 1 de agosto de 1953, Jānis Mendriks foi un dos primeiros en seren fusilados.

Na congregación dos padres marianistas é considerado un mártir.

Jānis Mendriks foi homenaxeado pola Igrexa Católica Romana como un Servo de Deus desde o ano 2003.

Véxase taménEditar