Ivan Leko

futbolista croata

Ivan Leko, nado o 7 de febreiro de 1978 en Split, é un xogador de fútbol croata que actualmente xoga no equipo belga K.F.C. Germinal Beerschot. É centrocampista internacional pola Selección de Croacia.

Ivan Leko
Ivan leko-1525200440.jpg
Información persoal
Nacemento 7 de febreiro de 1978
Lugar de nacemento Split
Altura 178 centímetros
Posición centrocampista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciou a súa carreira profesional co equipo da súa cidade, o Hajduk Split, xogando alí varias temporadas antes de irse a España para unirse ao Málaga. Logo dunha curta estancia en España, regresou ao Hajduk no 2005 e logo ao Club Brugge K.V. O 15 de xaneiro de 2009 decidiu asinar un contrato polo K.F.C. Germinal Beerschot.