Iván Pablo Sanmartín

árbitro de atletismo e dirixente deportivo galego

Iván Pablo Sanmartín Carreira, nado o 8 de outubro de 1975[1] en Santiago de Compostela, é un atleta, xuíz de atletismo e dirixente deportivo galego, actual presidente da Federación Galega de Atletismo.

Infotaula de personaIván Pablo Sanmartín
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Presidente Federación Galega de Atletismo
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz de atletismo Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iván Sanmartín é un atleta especializado en fondo e gran fondo, que corre en probas afeccionadas polo club de atletismo do Pino.

Licenciado en Ciencias do Deporte na Universidade da Coruña, desde novo estivo vencellado á delegación local en Santiago da Federación Galega de Atletismo, desde 2015 como delegado. Membro polo tanto da directiva da federación, foi o único candidato[2] a substituír en 2022 o anterior presidente, Isidoro Hornillos, e saíu elixido.

Profesionalmente traballa como técnico de deportes do concello do Pino.

Notas editar

  1. "Lista de saída. Campionato de Galicia Máster". ranking.atletismo.gal. Consultado o 2022-11-09. 
  2. "Hornillos deja la Federación y le sucede Iván Sanmartín". Atlántico (en castelán). 2022-11-04. Consultado o 2022-11-09.