Itajaí é unha cidade do estado brasileiro de Santa Catarina, ao sur do país. Situado na costa setentrional deste estado, sobre a ribeira do río Itajaí-Açu, se onde lle vén o nome, limita cos concellos de Brusque, Camboriú, Gaspar, Balneário Camboriú e Navegantes.

Modelo:Xeografía políticaItajaí
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 26°54′28″S 48°39′43″O / -26.9078, -48.6619
EstadoBrasil
Unidades da federaciónSanta Catarina Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación264.054 (2022) Editar o valor en Wikidata (912,88 hab./km²)
Xeografía
Superficie289,255 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación15 de xuño de 1860 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal89200-000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico047 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil4208203 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webitajai.sc.gov.br Editar o valor en Wikidata
Facebook: PrefeituradeItajai Twitter: pref_itajai Editar o valor en Wikidata
A cidade de Itajaí.

Fundada por alemáns (15 de xuño de 1860) e colonizada por azorianos a finais do século XIX, Itajaí ten a súa economía artellada ao redor do porto, do comercio, principalmente derivados de combustíbeis, e da pesca. O seu gran desenvolvemento produciuse na segunda metade do século XX. A presenza dos alemáns aínda é moi importante.

A "Marejada", unha festa portuguesa do peixe, é a principal atracción turística do concello, que aproveita as tradicións procedentes dos Azores.

Xeografía

editar

Itajaí sitúase no Baixo Vale do Itajaí no litoral, e é bañada polas augas do océano Atlántico, así como as do río Itajaí-Açu. A cidade é basicamente cha, practicamente toda ela ao nivel do mar. Gran parte da vexetación nativa xa foi extraída para actividades comerciais e para a expansión urbana. Así e todo, conserva un conxunto de fermosas praias, unha ampla área rural e interesantes paisaxes naturais.

O porto de Itajaí é o principal porto de Santa Catarina e o segundo maior do Brasil. A súa actividade económica céntrase fundamentalmente na exportación de madeira, cerámicas, máquinas, azucre e papel.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar