It (filme de 2017)

filme de 2017 dirixido por Andrés Muschietti

It (tamén coñecido como It: Chapter One) é un filme estadounidense de terror sobrenatural[5] dirixido por Andy Muschietti que se estreou no 2017. Baséase na novela homónima de Stephen King publicada en 1986. O guión é obra de Chase Palmer, Cary Fukunaga e Gary Dauberman.[6][7] O filme conta a historia de sete nenos da vila ficticia de Derry, Maine, que son aterrorizados pola personaxe epónima, que se lles aparece representando os seus medos máis profundos. A novela xa fora adaptada nunha miniserie de 1990.[8][9][10]

It
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalIt
DirectorAndy Muschietti
Produtor
Guión
Baseado enIt de Stephen King
Intérpretes
MúsicaBenjamin Wallfisch
FotografíaChung-hoon Chung
MontaxeJason Ballantine
Estudio
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
EstreaTCL Chinese Theatre: 5 de setembro de 2017
8 de setembro de 2017
Galicia 1 de xullo de 2020 (TVG)
Duración135 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento35 000 000 dólares[2][3]
Recadación698 100 000 dólares[4]
Filme seguinteIt Chapter Two
Na rede
http://itthemovie.com
IMDB: tt1396484 Filmaffinity: 312346 Allocine: 144685 Rottentomatoes: m/it_2017 Mojo: it Allmovie: v638977 TCM: 2117628 Metacritic: movie/it
Facebook: ITMovie Twitter: ITMovieOfficial Instagram: itmovieofficial Netlix: 80177770Editar o valor em Wikidata

Está protagonizado por Jaeden Lieberher e Bill Skarsgård, que interpretan a Bill Denbrough e a Pennywise the Dancing Clown respectivamente. Tamén aparecen os actores Jeremy Ray Taylor, Sophia Lillis, Finn Wolfhard, Wyatt Oleff, Chosen Jacobs, Jack Dylan Grazer, Nicholas Hamilton e Jackson Robert Scott nos papeis secundarios.[6][11] A fotografía principal do filme fíxose en Riverdale, Toronto o 27 de xuño de 2016 e rematou o 21 de setembro de 2016.[12][13] Outras localizacións de Ontario inclúen Port Hope e Oshawa.[14][15][16] A súa secuela, It Chapter Two, estreouse o 6 de setembro de 2019.[17]

Estreouse en galego o 1 de xuño de 2020 a través da TVG.[18]

Personaxes editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification (ed.). "IT". Consultado o 2 de agosto de 2017. 
  2. Los Angeles Times, ed. (5 de setembro de 2017). "With new adaptation of 'It,' New Line Cinema hopes to continue horror winning streak". 
  3. "Box Office To Wake Up From Long Summer’s Nap As ‘It’ Happens With $60Ms Opening, Possible $70M – Preview". Deadline.com. 5 de setembro de 2017. 
  4. "It (2017)". Box Office Mojo. Consultado o 20 de decembro de 2017. 
  5. http://www.allmovie.com/movie/it-v638977
  6. 6,0 6,1 Warner Bros Editors (14 de xaneiro de 2017). "IT – Warner Bros". Warner Bros. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 
  7. IGN Editors (3 de marzo de 2015). "STEPHEN KING'S IT DIRECTOR CARY FUKUNAGA SEEKS THE "PERFECT" PENNYWISE FOR REMAKE". IGN. Consultado o 16 de outubro de 2016. 
  8. Staley, Brandon (9 de febreiro de 2017). "IT REMAKE HAS A RATING, PLANS FOR A SEQUEL". Comic Book Resources. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2017. 
  9. McNary, Dave (16 de xullo de 2015). "Stephen King’s ‘It’ Finds New Director". Variety. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2017. 
  10. Wilson, Kristian (29 de marzo de 2017). "The New 'It' Trailer Is Just As Glorious And Terrifying As You Feared". Bustle. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2017. 
  11. Verhoeven, Beatrice (2 de xuño de 2016). "Stephen King's 'It' Casts Hollywood Legacy as Pennywise the Clown". The Wrap. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2016. 
  12. Eggertsen, Chris (13 de abril de 2016). "Stephen King has an 'It' remake update for you". HitFix. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2016. 
  13. Keene, Allison (22 de setembro de 2016). "'It' Wraps Production with One Last Creepy Photo". Collider.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  14. Greenberg, Courtney (15 de agosto de 2016). "Mansion in Riverdale sets the scene for horror film 'It'". CTV Toronto. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  15. Northumberland News Editor (31 de maio de 2016). "Port Hope eyed for remake of Stephen King's 'It'". Northumberland News. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2016. 
  16. Burnham, Emily (31 de marzo de 2015). "Crew from new adaptation of Stephen King's "It" in Bangor to scope out potential filming locations". Northumberland News. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2016. 
  17. McClintock, Pamela (25 de setembro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "'It' Sequel Gets September 2019 Release Date". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  18. "Telexornal Mediodía". TVG. 1 de xullo de 2020. Consultado o 2 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar