Isra Pérez

futbolista galego

Israel "Isra" Pérez Buján, nado na Coruña o 28 de maio de 2000, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Bergantiños, da Segunda División RFEF. É irmán xemelgo do tamén futbolista Álex Pérez, xogador do Racing Vilalbés.

Isra Pérez
Información persoal
Nome Israel Pérez Buján
Nacemento 28 de maio de 2000
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Lateral dereito
Información de club
Club actual Bergantiños
Carreira xuvenil
–2018 Ural
2018–2019 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2021 Fabril 7 (0)
2019–2020 Arzúa 23 (0)
2021–2023 Ourense CF 56 (2)
2023– Bergantiños 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de setembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do Ural, conseguindo o ascenso á Liga Nacional Xuvenil na tempada 2016/17. En 2018 fichou polo equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, co que xogou 24 partidos na División de Honra, nos que marcou 5 goles.

Para a tempada 2019/20 foi cedido xunto ao seu irmán ao Arzúa, co que debutou na Terceira División. Foi titular en case todos os partidos da histórica campaña, a primeira do club na categoría, que acabou na sexta posición da táboa.[1] De regreso na Coruña, pasou a formar parte do Fabril, tamén en Terceira. Co filial do Deportivo, disputou 8 partidos, 5 deles como titular. En decembro debutou co primeiro equipo do Deportivo, durante a disputa da 75ª edición do Trofeo Teresa Herrera ante un combinado coruñés.[2]

No verán de 2021 asinou como novo xogador do Ourense CF, da Terceira RFEF.[3] Titular na banda dereita do equipo azul, conseguiu o ascenso á Segunda División RFEF na súa primeira campaña, despois de derrotar na promoción a Fabril,[4] Barco e Llerenense.[5] Na tempada 2022/23 disputou 25 partidos en Segunda RFEF, marcando un gol ante o Rayo Cantabria.[6]

Para a tempada 2023/24 fichou polo Bergantiños, equipo que viña de descender á Terceira División RFEF.[7]

Vida persoal editar

Mantén unha relación sentimental coa futbolista internacional Athenea del Castillo, campioa do mundo coa selección española, á que coñeceu mentres ela defendía a camiseta do Deportivo da Coruña Feminino e el a do Fabril.[8][9]

Notas editar

  1. "Isra y Álex, dos jóvenes hermanos para la plantilla del Arzúa". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  2. "O fútbol coruñés conserva o torneo máis antigo do mundo". 20 de decembro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  3. "Un lateral derecho refuerza al Ourense C.F.". Cadena SER (en castelán). 2 de agosto de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  4. "O Fabril cae con méritos na semifinal do playoff ante o Ourense CF (1-0)". 1 de maio de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  5. "El Ourense CF golea y entra por la puerta grande a la Segunda RFEF". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  6. "Dos chispazos del Ourense CF sentenciaron su visita al Rayo Cantabria (1-2)". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xaneiro de 2023. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  7. Mendoza, Santi (19 de xul. de 2023). "Isra Pérez, nuevo refuerzo de un Bergantiños que anuncia tres salidas". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  8. "¿Quién es realmente Athenea? Revivimos su explosión con ocho personas de su círculo más cercano" (en castelán). 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  9. Rodríguez Peleteiro, Marta (20 de agosto de 2023). "Así es la vida personal de las 23 campeonas del mundo". As (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2023.