Isologo
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un isologo é un tipo de logo composto de igual forma por texto e imaxe. A diferenza dos imagotipos, estes están unidos nunha soa imaxe e non se debe separar a imaxe do texto.
O isologo, tamén coñecido como isologotipo, é un tipo de logo formado por unha imaxe gráfica que inclúe un texto (ambos agrupados baixo un mesmo debuxo) e que serve para identificar e representar a unha marca.
É unha combinación entre o logotipo e o isotipo, no que a imaxe e as palabras non poden separarse, xa que doutro modo podería non quedar claro de que marca se trata a primeira vista.
Principais característicasEditar
- A principal característica dos isologos é que o texto e a imaxe están unidos indivisiblemente e conforman unha única entidade visual. Separalos dificultaría a identificación da marca nunha primeira ollada.
- Posúe dous elementos: un logo (texto, xeralmente o nome da marca) e unha imaxe gráfica.
- A diferenza do imagotipo, no isologo o texto e o símbolo gráfico encóntranse agrupados baixo un mesmo debuxo.
- Permite asociar con facilidade a marca a unha imaxe ou símbolo e ao mesmo tempo transmitir o seu nome.
- É recoñecible e fácil de recordar.
- Permite reforzar a imaxe e a presenza no imaxinario colectivo dunha marca ou empresa.
- Ao ser un tipo de logotipo máis complexo, permite que a mensaxe que a marca desexa transmitir sexa máis clara e difícil de confundir.