Ismael Sorga Losada

enlace da guerrilla antifranquista

Ismael Sorga Losada, nado en Sarreaus e finado o 19 de novembro de 1948, foi un enlace da guerrilla antifranquista galega.

Infotaula de personaIsmael Sorga Losada
Biografía
NacementoSarreaus, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 1948 Editar o valor em Wikidata
Sarreaus, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Delfín Sorga e Ramona Losada, era curmán de Juan Sorga. Logo do enfrontamento do grupo de Juan Sorga coa garda civil en Pazos o 14 de xullo de 1948, este refuxiouse na casa do seu tío en Cortegada. A persecución da garda civil levou á detención de Ismael o 16 de novembro, e ao día seguinte a dos seus irmáns Antonio e Francisco, Germán Campos, Ramón Gómez e Francisco Vences, sospeitosos de colaborar coa guerrilla. Trasladados a Ourense, Ismael xa non chegou á cidade, pois logo de recibir unha malleira en Cortegada, aplicáronlle a "lei de fugas" e asasinárono o 18 de novembro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar