Isidro Melara Berrocal
Isidro Melara Berrocal, nado en Valencia de Alcántara o 24 de marzo de 1917, e finado en Cáceres o 27 de febreiro de 1978, foi un poeta e escritor estremeño que escribiu en lingua estremeña.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1917 Valencia de Alcántara, España |
Morte | 27 de febreiro de 1978 (60 anos) Cáceres, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta |
Traxectoria
editarDespois de rematar a Guerra civil, marchou a Cáceres, onde traballaría como funcionario na Cámara Sindical Agraria.
Colaborou en distintas revistas como Alcántara e en xornais rexionais, e creou varias obras escritas.
Obra
editarCultivou a poesía, aínda que só puido publicar en vida unha das súas obras, Armonía, compilación da súa produción literaria até o ano 1948. Porén, quedou inédita Ofrendas. Os seus poemas están presentes en distintas antoloxías como a feita por V. Gutiérrez Macías Cantores de la Virgen de la Montaña ou a de L. Martínez Terrón Primera Antología de Poesía Extremeña. A súa lingua é a da zona de Alcántara e pódense atopar nela trazos de Chamizo Trigueros e de Gabriel y Galán.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martínez Terrón, L., Primera Antología de Poesía Extremeña, Cáceres, ei. autor, 2005.