Abrir o menú principal

Isabel de Saavedra, nada no ano 1584 en Madrid e finada en 1652[2], foi unha filla natural de Miguel de Cervantes, a súa única descendente recoñecida, agás polo seu outro suposto fillo napolitano, Promontorio.

Isabel de Saavedra
Nome completoIsabel Rodríguez y Villafranca
Nacemento1584
 Madrid[1]
Falecemento1652
 Madrid
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
PaiMiguel de Cervantes
NaiAna de Villafranca y Rojas
CónxuxeDiego Sanz del Águila
Luis de Molina
FillosIsabel Sanz de Saavedra
Coñecido/a porFilla de Miguel de Cervantes
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi filla de Miguel de Cervantes e da súa amante Ana de Villafranca (1563-1598), unha muller casada a quen o escritor coñeceu pouco despois de volver do seu cativerio en Alxer en 1580. Cando naceu Isabel, o escritor desentendeuse dela e da súa nai ao coincidir o evento co éxito da súa primeira novela, La Galatea e o seu compromiso matrimonial con Catalina de Salazar, que acabou en divorcio. En 1598 morreu Ana de Villafranca e ao ano seguinte Cervantes asumiu a súa responsabilidade como pai, recoñecendo a nena cando xa tiña catorce anos e reclamándoa a través da súa irmá Magdalena, que a puxo ao seu servizo e lle deu o seu segundo apelido, Saavedra, razóns que poden explicar en parte o tenso vínculo que houbo entre os dous; segundo Maganto:

O que semella evidente é que Cervantes non a reclamou cando morreu o pai putativo de Isabel, Alonso Rodríguez, en 1590. Despois, esperou máis dun ano para reclamala e non quixo estar presente en tan honroso acontecemento. Por outra banda, recoñeceuna de xeito implícito, é dicir, non lle deu o seu primeiro apelido, senón o de Saavedra, e sempre por intermedio da súa irmá Magdalena. Todo isto sabíao a súa filla e nunca llo perdoou. Para min, son demasiadas contradicións que non poden expicarse só polo medo a que a súa dona Catalina se enterase[3].

Isabel foi bautizada, segundo a partida que descubriu Emilio Maganto Pavón, o 9 de abril de 1584 na igrexa dos Santos Xusto e Pastor, o que permite desbotar a especulación anterior de que fose acaso filla de Magdalena de Cervantes e de Juan de Urbina. Maganto Pavón aporta 31 documentos novos e inéditos sobre a filla de Cervantes que o desminten. En opinión de Maganto, Isabel foi, con Catalina de Salazar, a esposa de Cervantes, a muller que máis influiu na vida do autor.

Vida persoalEditar

O seu primeiro home, Diego Sanz del Águila, faleceu inesperadamente; o segundo, Luis de Molina, foi un arranxo mal desexado. Sostivo unha relación adúltera con Juan de Urbina, con quen tivo unha filla, Isabel Sanz de Saavedra, finada aos dous anos de idade.

NotasEditar

  1. "Los hijos de Cervantes". Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  2. mcnbiografias.com (ed.). "Saavedra, Isabel de (1584-1652)". Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  3. Pérez Hinojos, Pedro (21 de xullo de 2013). "Isabel, la pesadilla de Miguel de Cervantes". diariodealcala.es. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 

Véxase taménEditar