Isaac Fernández

futbolista español

Isaac Fernández Vila, nado en Vigo o 28 de maio de 1979, é un exfutbolista galego, que ocupou a posición de centrocampista.

Isaac
Información persoal
Nome Isaac Fernández Vila
Nacemento 28 de maio de 1979 (44 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,79 m.
Posición Centrocampista
Número 19
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2000Racing Club de Ferrol (Cedido) 1 (0)
2000–2004 Celta de Vigo B 87 (3)
2004–2006 Celta de Vigo 10 (0)
2006Racing Club de Ferrol (Cedido) 4 (0)
Selección nacional
2005 Galicia 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de xullo de 2017.
Selección: actualizado a 9 de xullo de 2017.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Deuse a coñecer no xuvenil do Celta de Vigo. Na tempada 1999-2000 estivo a prestamo no Racing Club de Ferrol, pero apenas contou para o adestrador, e volveu ao filial do Celta, no que se converteu nunha peza indispensable do equipo que quedou campión de 3ª División na tempada 2000-01, e ascendeu a 2ª División B, e do equipo que quedou campión da Copa Federación. En agosto de 2004 ascendeu definitivamente ao primeiro equipo do Celta, e fixo o seu debut no partido da primeira xornada de liga contra o Almería. Esa tempada xogou un total de 10 partidos, terminando a tempada como subcampión de 2ª División e ascendendo a primeira.

Comeza a tempada 05/06 co primeiro equipo do Celta, pero por non ter minutos de xogo, no mercado de inverno decide volver cedido ó Racing de Ferrol, que se atopa na categoría de prata, onde disputou tan só 4 partidos. Ao finalizar a tempada decide retirarse, debido a lesións.

Palmarés editar

Ligazóns externas editar