Isóbara
Unha isóbara[1] é unha isógrama de presión, é dicir, unha liña de igual ou constante presión nun gráfico, trazado ou mapa. As isóbaras nun mapa refírense xeralmente a liñas que unen os puntos de igual presión atmosférica, polo que constitúe un termo meteorolóxico.

Mapa de isóbaras sobre as Illas Británicas.
Utilizado como adxectivo (sinónimo de isobárico), refírese a un proceso termodinámico a presión constante. Neste caso, úsase como termo da física.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para isóbara.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Biblioteca Dixital das Ciencias - Isóbara
- Debuxando trazados de contorno. Leccións que se ocupan do debuxo de isógramas, incluíndo as isóbaras
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |