Irmgard Flügge-Lotz
Irmgard Flügge-Lotz, nada en Hamelin (Alemaña) o 16 de xullo de 1903[1] e finada en Stanford o 22 de maio de 1974, foi unha matemática e enxeñeira alemá, coñecida polo seu traballo en matemática da aerodinámica, e por ser a primeira muller enxeñeira profesora na Universidade Stanford.
Nome orixinal | (de) Irmgard Lotz |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Irmgard Wilhelmine Dorette Lotz 16 de xullo de 1903 Hameln (Imperio Alemán) |
Morte | 22 de maio de 1974 (70 anos) Stanford, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Hanover (pt) (1923–1929) |
Tese académica | Die Erwärmung des Stempels beim Stauchvorgang (en) (1929 ) |
Director de tese | Albert Betz (pt) |
Actividade | |
Ocupación | matemática, enxeñeira, Enxeñeiro de aviación, profesora universitaria |
Empregador | Universidade Stanford (1948–1968) Office national d'études et de recherches aérospatiales (pt) (1945–1948) Deutsches Zentrum für Luft-und Raumfahrt (1938–1945) Universidade de Gotinga (1929–1938) |
Obra | |
Doutorando | Torstein Kjell Fanneløp (en) , D. R. Ingwerson (en) , Tomoo Ishikawa (en) , Herbert Diehl Marbach (en) , Harold Arthur Titus (en) , Mih Yin (en) , Michael D. Maltz (en) , Yasutada Kashiwagi (en) e John E. Kaiser (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Wilhelm Flügge |
Premios | |
Traxectoria
editarIrmgard Lotz naceu en Alemaña.[2] Despois de que o seu pai, Osark, xornalista, fose recrutado para servizo militar na Primeira Guerra mundial, a moza Irmgard axudou á familia exercendo de profesora.[3] Durante algún tempo, practicamente foi ela o soporte da familia. Estudou matemáticas aplicadas na Universidade Técnica de Hannover, diplomándose en 1927. Na universidade era a miúdo a única muller da súa clase. En 1929 obtivo o doutoramento en enxeñaría cunha tese sobre teoría matemática da condución de calor en cilindros circulares.
Lotz traballou no Instituto de Aerodinámica de Göttingen, xunto con Ludwig Prandlt e Albert Betz. Foi entón cando desenvolveu o "Método Lotz" para calcular a distribución da carga nas ás dun avión, técnica estándar utilizada aínda hoxe en día.[4][5] En 1938, casou con Wilhelm Flügge, un enxeñeiro civil, e a parella trasladouse a Berlín, onde Flügge-Lotz traballou como consultora sobre Aerodinámica e Dinámica de voos. En 1947, a parella traballou en ONERA (Oficina Nacional de Estudos e Investigación Aeronáutica), en París, onde Imrgard dirixiu un equipo de investigación aerodinámica até o ano 1948, en que Irmgard publicou a súa teoría do control automático, a aerodinámica e os problemas derivados da velocidade dos avións.
En 1948 trasladáronse á Universidade de Stanford, onde en 1961 Irmgard Flügge-Lotz converteuse na primeira profesora de enxeñaría a tempo completo da universidade.
En 1970, foi galardoada co "Premio ao logro" da Asociación de Mulleres Enxeñeiras. Tamén foi a primeira muller membro do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica, e en 1971 foi a primeira muller en ser seleccionada para dar a prestixiosa conferencia Von Karman. Aínda que se retirou en 1968, continuou a súa investigación en control por satélites, transferencia de calor e arrastre de vehículos a grandes velocidades.[5]
Flügge-Lotz morreu no Hospital de Stanford o 22 de maio de 1974, deixando máis de cincuenta artigos técnicos publicados.[2]
Traballos
editar- Die Erwärmung deas Stempels beim Stauchvorgang, Dissertation TH Hannover 1929
- Discontinuous Automatic Control, Princeton University Press 1953[6]
- Discontinuous and Optimal Control, McGraw Hill 1968
Notas
editar- ↑ "Imgard Flügge-Lotz". urv.cat (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 26-03-2020. Consultado o 11-4-2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Irmgard Flügge-Lotz" (PDF). Stanford University. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 06 de xullo de 2010. Consultado o 24 de novembro de 2009.
- ↑ Cooper, Julie; Banderas, Maria (maio de 1977). "Irmgard Flugge-Lotz". Agnes Scott College. Consultado o 24 de novembro de 2009.
- ↑ "Mulleres nas bibliotecas da UDC" (PDF). Universidade da Coruña. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 Claramunt Vallespí, Rosa; Claramunt Vallespí, Teresa (2012). MUJERES EN CIENCIA Y TECNOLOGIA. UNED. ISBN 9788436264210.
- ↑ Bellman, R. (1954). "Review: Discontinuous automatic control, by I. Flügge-Lotz" 60 (4). doi:10.1090/s0002-9904-1954-09831-2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Spreiter, J. R.; Flügge, Wilhem (1987). "Irmgard Flügge-Lotz". En Grinstein, Louise S.; Campbell, Paul J. Women of mathematics : a biobibliographic sourcebook (en inglés). Nova York: Greenwood Press. pp. 33-40. ISBN 978-0-313-24849-8.
Ligazóns externas
editar- Biografía de Irmgard Flügge-Lotz pola Universitat Rovira i Virgili Arquivado 26 de marzo de 2020 en Wayback Machine. (en catalán)
- "Imrgard Flugge-Lotz", Biografías de Mulleres Matemáticas, Agnes Scott College.
- Biografía de Flugge-Lotz de IEEE
- Este artigo incorpora material de Irmgard Flügge-Lotz en PlanetMath, o cal está autorizado baixo o Creative Commons Participación/de Atribución-Licenza Parecida.