Irene Lourido
Irene Sandra Lourido Loureiro, máis coñecida como Irene Lourido, nada en Pontevedra[1] o 6 de outubro de 1976, é unha xornalista de televisión e profesora universitaria galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1976 (48 anos) Pontevedra, España |
Educación | IES Valle Inclán Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria, xornalista |
Traxectoria
editarEstudou no IES Valle Inclán de Pontevedra, licenciouse en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual (especialidade en Dirección e Guión audiovisual) na Universidade de Santiago e Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo. Ten o DEA (o actual mestrado) na Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade, centrado en locución audiovisual.
É profesora asociada do Departamento de Ciencias da Comunicación na USC[2] e dos cursos de verán da UNED.[3]
Comezou na Televisión de Pontevedra (TVP), posteriormente Localia Pontevedra, ata que se incorporou á Televisión de Galicia[4] en 1997, na que leva presentado sobre todo programas informativos, en 2021 os telexornais da fin de semana.[5]
Foi vogal da Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual.[6]
É irmá do xornalista Anxo Lourido.
Notas
editar- ↑ "PONTEVEDRA A PÉ". www.pontevedra.gal. Consultado o 2021-11-11.
- ↑ "Irene Sandra Lourido Loureiro Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2021-11-11.
- ↑ "Prensa y sociedad Cursos de Verano UNED en Pontevedra". extension.uned.es (en castelán). Consultado o 2021-11-11.
- ↑ "A crack dos informativos da TVG". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2021-11-11.
- ↑ "programación TVG CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-11-11.
- ↑ "Coloquio con Natalia de Molina Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 2021-11-11.