Irene Álvarez Veras

odontóloga galega

Irene Lucía Álvarez Veras, nada en Ourense o 13 de decembro de 1898 e finada en maio de 1971,[1] foi unha odontóloga galega.

Infotaula de personaIrene Álvarez Veras
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Mortemaio de 1971 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónodontóloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Con 12 anos, en 1917, ingresa no Instituto provincial de Ourense e acada o título de Bacharel no ano 1922. Inicia os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e, en 1923, e trasládase á Universidade Central de Madrid[2] en 1926 para especializarse en Odontoloxía na Escuela de Odontología de Madrid. Para cursar estes estudos previamente había que realizar un curso selectivo máis dous anos de Medicina e outros dous anos do que constaba a especialidade. Era unha apaixonada da súa profesión, pero ademais tiña o título de Mestra Nacional, feito que, como ela mesma dicía "coa adquisición deste título compracín os desexos de meu pai, que é un apaixonado do Maxisterio".[3]

Foi axudante do doutor Landete en Madrid, asistíndoo tanto na súa clínica como na casa de socorro do distrito de palacio. Puido asistir as operacións maxilofaciais que este médico realizaba no Insituto Rubio, Hospital del niño Jesús. Ademais foi alumna oficial da Escola de puericultura, asistindo ás clases do médico ortodocista Mañes.[3]

Na acta de constitución do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatógolos da XI Rexión, do 17 de xuño de 1930, aparece como vogal da xunta directiva[4]. Tamén foi un dous primeiros membros da Sociedad Española de Cirugía Oral y Maxilofacial.[5]

Tiña a súa consulta en Ourense na rúa San Miguel 18, no primeiro andar, que se anunciába como "Gabinete montado con todos os adiantos modernos". As referencias profesionais que incluía nos anuncios indicaban[6]:

Irene Álvarez Veras

Odontólogo
Da clínica dental particular do Dr. Landete

Da casa de socorro na sección de Odonto-estomatoloxía dirixida polo mesmo doutor e do Instituto de Puericultura de Madrid

Facía descontos especiais para obreiros, como indicaban os seus anuncios en La Zarpa[7]

Notas editar

  1. "Orense: Doña Irene Álvarez Veras". El pueblo gallego : diario de la mañana, al servicio de los intereses de Galicia. 22 maio 1971. 
  2. Cid Galante (2004)
  3. 3,0 3,1 "Conversación con la señorita Álvarez Veras". La Zarpa : diario de los agrarios gallegos (24178). 17 marzo 1929. 
  4. "Historia del Colegio". Colexio oficial de dentistas, IX rexión. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2017. Consultado o 13 marzo 2018. 
  5. "Hace 50 años..La Agencia EFE llega a Galicia". Consultado o 13 marzo 2018. 
  6. [Programa das festas do] Corpus 1932 : Programa oficial. Ourense. Versión dixital en Galiciana, p. 16
  7. "Irene Álvarez Veras [Anuncio]". La Zarpa : diario de los agrarios gallegos:. 29 xuño 1930. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar