Inukai Tsuyoshi
Inukai Tsuyoshi (犬養 毅?, nado o 20 de abril de 1855 e finado o 15 de maio de 1932) foi un político xaponés, vixésimo noveno primeiro ministro do Xapón (desde o 13 de decembro de 1931 até o 15 de maio de 1932, día do seu asasinato). Era o bisavó de Sadako Ogata.[1]
Nome orixinal | (ja) 犬養毅 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xuño de 1855 Okayama |
Morte | 15 de maio de 1932 (76 anos) Toquio |
Causa da morte | Homicidio |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Aoyama 35°40′00″N 139°43′20″L / 35.6667, 139.7222 |
29º Primeiro ministro do Xapón | |
13 de decembro de 1931 – 16 de maio de 1932 ← Wakatsuki Reijiro (pt) – Saito Makoto (pt) → Gabinete ministerial: Inukai Cabinet (en) | |
Membro da Cámara de Representantes do Xapón | |
1890 – 1932 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Educación | Universidade Keio (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político , xornalista |
Período de tempo | Século XIX e Século XX |
Empregador | Hōchi (en) |
Partido político | Rikken Seiyūkai (pt) Kensei Hontō (en) Rikken Kokumintō (en) Chūgoku Progressive Party (en) Rikken Kaishintō (pt) Kakushin Club (en) |
Pseudónimo literario | 仙次郎 昭和の実盛 憲政の神様 台光院殿沈毅木堂大居士 |
Lingua | Lingua xaponesa |
Familia | |
Fillos | Takeru Inukai (en) |
Parentes | Kenkichi Yoshizawa (en) (xenro) |
Premios | |
Traxectoria editar
Primeiros anos editar
Naceu nunha familia de samuráis no Niwase han, provincia de Bizen (actual cidade de Okayama, na prefectura de Okayama), e graduouse na Universidade Keiō de Tokio. Na súa mocidade traballou como xornalista. Acompañou ao Exército Imperial Xaponés durante a Rebelión de Satsuma como reporteiro do Yubin Hochi Shimbun.
Carreira política editar
Inukai uniuse ao partido Rikken Kaishintō en 1882, que apoiaba as causas políticas liberais e opúxose aos membros dos antigos dominios Chōshū e Satsuma que controlaban o goberno. Foi elixido deputado da Cámara de Representantes en 1890, e renovou o escano dezasete veces.
O seu primeiro posto de gabinete foi como ministro de Educación no primeiro goberno de Okuma Shigenobu en 1898, e como ministro de Asuntos Internos e Comunicacións no segundo mandato de Yamamoto Gonnohyoe.
Foi unha figura clave no Shinpotō, no Kenseitō e no Rikken Kokumintō, que finalmente acabou co goberno de Katsura Tarō en 1913.
En 1922, o Rikken Kokuminto converteuse no Kakushin Kurabu, que uniu forzas con outros partidos máis pequenos para formar o gabinete de Katō Takaaki en 1924. Inukai serviu no gabinete como Ministro de Asuntos Internos e Comunicacións. O Kakushin Kurabu fusionouse co Rikken Seiyūkai, dos cales Inukai continuou sendo un membro clave. En 1929, tras a morte repentina de Tanaka Giichi, converteuse en presidente do Rikken Seiyūkai.
Primeiro ministro editar
Inukai converteuse no 29º primeiro ministro do Xapón en 1931. Nese momento, Xapón afrontaba unha grave situación económica debido aos efectos da Gran Depresión de 1929 e o seu prematuro retorno ao patrón ouro. O goberno de Inukai tomou medidas para inflar a economía. Non obstante, non puido impoñer restricións fiscais ao exército nin controlar os asuntos militares na China, despois do incidente de Manchuria. A constante disputa co poder militar levou ao asasinato de Inukai durante o golpe do 15 de maio de 1932 -un grupo de fanáticos vinculados á Mariña matárono despois de que ratificara o Tratado de Londres, que puxo límites á Mariña-,[2] e marcou o fin do control político civil no goberno até o final da Segunda guerra mundial.
Notas editar
- ↑ "Sadako Ogata: First female UN refugee chief dies at 92". BBC News (en inglés). 2019-10-29. Consultado o 2022-07-09.
- ↑ Shin-Ichi 2013, p. 21.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inukai Tsuyoshi |
Bibliografía editar
- Bix, Herbert B. Hirohito e a creación do Xapón moderno . HarperPerennial (2001). ISBN 0-06-093130-2
- Brendon, Piers. The Dark Valley: A Panorama of the 1930s . Vintage; reedición (2002). ISBN 0-375-70808-1
- Oka Yoshitake, et al. Cinco líderes políticos do Xapón moderno: Ito Hirobumi, Okuma Shigenobu, Hara Takashi, Inukai Tsuyoshi e Saionji Kimmochi . University of Tokyo Press (1984). ISBN 0-86008-379-9
- Shin-Ichi, Yamamuro (2013). "L'empire du Japon et le choc de la Première Guerre mondiale" 1 (249): 5–32.
Ligazóns externas editar
Predecesor: Wakatsuki Reijirō |
Primeiro ministro do Xapón 1931 - 1932 |
Sucesor: Saitō Makoto |