Intxaurrondo (en éuscaro significa "nogueira") é un barrio da cidade vasca de Donostia. Ten unha poboación de 16.211 habitantes. Está situado ao sur do barrio de Ategorrieta e limita polo oeste e o leste cos barrios de Egia e Altza, respectivamente. Pertenceu ao municipio de Altza até o ano 1939, en que foi anexionado por Donostia.
O barrio está dividido en dúas partes: Hego Intxaurrondo (sur) e Ipar Intxaurrondo (norte). As festas do sur, Kaldero Jaun, celébranse entre o 28 de xuño e o 1 de xullo, e as do norte, Intxaurrondo Zaharreko Festak, na segunda semana de setembro.