En zooloxía intergradación é a forma na cal dúas subespecies distintas están conectadas por áreas nas que se encontran poboacións que teñen características de ambas. Hai dous tipos de intergradación: primaria e secundaria.

Intergradación primaria editar

A intergradación primaria ocorre en casos nos que dúas subespecies están conectadas por unha ou máis poboaciósn intermedias, cada unha das cales é á súa vez intermedia con respecto ás súas poboacións adxacentes e mostra máis ou menos a mesma cantidade de variabilidade xenética que en calquera outra poboación da especie. As poboacións adxacentes e as subespecies están suxeitas a unha intergradación clinal, e nestas situacións xeralmente está garantido que as clinas están causalmente relacionadas (por selección natural) cos gradientes ambientais.[1]

Intergradación secundaria editar

Cando o contacto entre unha subespecie illada xeograficamente se restablece co principal corpo da especie ou con outras subespecies illadas, ten lugar a hibridación entre elas con tal de que a illada non evolucionase xerando un conxunto efectivo de mecanismos de illamento. En consecuencia, vaise desenvolver unha zona relativamente diferenciada ou cinto de hibridación dependendo do grao de diferenzas xenéticas e fenotípicas ao que chegara a subespecie previamente illada.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mayr E, Ashlock PD (1991). Principles of Systematic Zoology. Second edition. McGraw-Hill. ISBN 0-07-041144-1.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar