Insuficiencia mitral

A insuficiencia mitral, tamén coñecida como regurxitación mitral, é unha patoloxía da válvula mitral, caracterizada polo refluxo do sangue dende o ventrículo esquerdo até a aurícula esquerda durante a sístole.

Explicación en vídeo das doenzas da válvula mitral.

Etioloxía editar

A válvula mitral consta de dúas valvas ou cúpulas arrodeadas por unha área anular, músculos papilares que preveñen prolapsos e evitan que o sangue recúe cara a aurícula) e as cordas tendinosas atadas aos músculos. A disfunción de calquera destas porcións do aparello mitral pode ser causa de regurxitación sanguínea. A insuficiencia mitral primaria é provocada por calquera proceso que afecte á válvula mesmo. As causas de regurxitación mitral primaria inclúen:

  • Tumor benigno (mixoma) que produza cambios dexenerativos;
Unha anormalidade xenética que afecte á composición de coláxeno da válvula mitral, o que fai que as valvas saian cara a aurícula esquerda.

Síntomas editar

Os síntomas son dependentesda fase do proceso na que se atope a doenza. Na fase aguda aparecerán síntomas de parada cardíaca conxestiva (brevedade de respiración, edema pulmonar, ortopnea, dispnea paroxística nocturna), coma tamén síntomas suxestivos de baixo gasto cardíaco. Os individuos con insuficiencia mitral compensada que padezan a doenza de xeito crónico poden ser asintomáticos, cunha tolerancia ao exercicio normal e sen evidencias de parada cardíaca. Estes individuos poden ser sensíbeis a pequenos cambios no seu estado de volume vascular e seren propensos a desenvolver sobrecarga de volume.