Instituto Nacional de Estadística y Geografía

.

Logo
Edificio Sede do Inegi en Aguascalientes

O Instituto Nacional de Estadística y Geografía (INEGI) é un organismo autónomo do goberno mexicano, dedicado á coordinación do Sistema Nacional de Información Estatística e Xeográfica do país. Foi creado o 25 de xaneiro de 1983 baixo decreto presidencial.

É a institución encargada de realizar os censos de poboación cada dez anos, así como os censos económicos cada catro anos e os censos agropecuarios do país. O traballo de recollida de información estatística por parte do Instituto inclúe produto nacional mensual, enquisas de confianza dos consumidores e mostras de proporción de comercios; estatísticas de ocupación e emprego, educación, de violencia intrafamiliar e de parella; así como moitos traballos máis que dan fundamento aos estudos e proxectos de diversas institucións gobernamentais.

A sede do Instituto atópase na cidade de Aguascalientes, no Estado de Aguascalientes.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar