Instituto Catalán da Viña e o Viño

O Instituto Catalán da Viña e o Viño (en catalá: Institut Català de la Vinya i el Vi) ou INCAVI foi creado no ano 1980 como órgano de dirección das estacións enolóxicas de Vilafranca del Penedès e Reus. O seu director é Jordi Bort.[1]

Dende entón o INCAVI foi o punto de referencia no apoio a viticultores e elaboradores na mellora continuada da calidade dos viños de Cataluña, e na tarefa de investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías que levasen o sector vitivinícola catalán a ocupar un lugar destacado entre os produtores de viños de alta calidade.

O INCAVI é tamén o motor da promoción dos viños de Cataluña, tanto entre os consumidores cataláns coma nos mercados estranxeiros. A difusión da cultura do viño, dunha forma de vivir mediterránea, e dun bo coñecemento dos viños cataláns continúan sendo unha das tarefas primordiais deste instituto.

Neste sentido, o INCAVI organiza dúas manifestacións anuais de promoción dirixidas ao consumidor catalán: a Mostra de Viños e Cavas de Cataluña (un encontro anual entre elaboradores e consumidores aos cales se celebra en Barcelona arredor das Festas da Mercè) e a Festa do Viño Novel, que se celebra o 11 de novembro (festividade de Sant Martí).[2]

Notas editar

  1. "Jordi Bort, nou Director General de l'INCAVI". Cupatges. 19-03-2011. Consultado o 03-03-2013. 
  2. Romaní i Olivé, Joan Maria: Diccionari del vi i del beure. Edicions de La Magrana, col·lecció Pèl i Ploma, núm. 21. Barcelona, decembro de 1998. ISBN 84-8264-131-X, planes 137-138.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar