Indian National Satellite System

(Redirixido desde "Insat 1C")
Insat-1B antes do lanzamento.

Indian National Satellite System ou INSAT é o nome dunha serie de satélites indios multipropósito. En especial os satélites soen ir dirixidos a dar servizos educativos, de comunicacións, meteorolóxicos e de emerxencias. O sistema deu comezo en 1982, co lanzamento do primeiro satélite, o Insat 1A. Entre os participantes do sistema están o Departamento Indio do Espazo (DOS), o Departamento de Telecomunicacións, o Departamento Meteorolóxico Indio, All India Radio e Doordashan.[1]

Insat 1A, 1B, 1C e 1DEditar

Os catro primeiros satélites Insat estaban adicados a proporcionar servizos de telecomunicacións e meteorolóxicos. Foron construídos por Ford Aerospace e lanzados entre 1982 e 1990. Insat 1A foi lanzado en abril de 1982 pero foi dado por perdido en setembro de 1983. Con Insat 1B pasou case o mesmo, pero conseguiuse recuperar e chegar á súa órbita xeoestacionaria. Insat 1C tivo varios problemas cos seus transpondedores, e foi finalmente dado por perdido case un ano despois de ser lanzado. Insat 1D tivo problemas antes do lanzamento, cando unha grúa lle caeu enriba durante as preparacións para o lanzamento. Finalmente puido ser reparado e lanzado.[2][1]

Insat 2A e 2BEditar

Insat 2A e 2B tamén son satélites de comunicacións e meteorolóxicos. Cunha masa duns 1900 kg, foron fabricados pola axencia espacial india ISRO e levaban a bordo 18 transpondedores en banda C e dous en banda S. Para as observacións meterolóxicas levaban un radiómetro de alta resolución en banda visible e na banda do vapor de auga. Tamén levaba unha cámara CCD cunha resolución de 1 km. Foron lanzados en 1992 e 1993.[3][1]

Insat 2C e 2DEditar

Os Insat 2C e 2D tiñan unha masa de algo máis de 2000 kg e os seus paneis solares proporcionaban ata 1,6 kW de potencia. Levaban transpondedores en banda C, banda S e banda Ku e non levaban instrumentación meteorolóxica. Foron lanzados en 1995 e 1997 mediante foguetes Ariane 4.[4][1]

Insat 2E (Intelsat APR-2)Editar

Insat 2E ofrecía servizos de comunicacións, mediante 17 transpondedores en banda C, e meteorolóxicos, mediante un radiómetro de alta resolución e unha cámara CCD. Tiña unha masa de 2550 kg e foi lanzado o 2 de abril de 1999 mediante un Ariane 4.[5][1]

Insat 3BEditar

O Insat 3B foi lanzado o 21 de marzo de 2000 (antes que Insat 3A) mediante un Ariane 5. Tiña unha masa de 2070 kg e levaba 12 transpondedores en banda C, 3 en banda Ku e un en banda S. Non tiña instrumentación meteorolóxicas. Usaba por primeira vez un tanque de propelente de titanio fabricado integramente na India. O satélite tiña forma aproximada de cubo de 1,93 x 1,70 x 1,65 m e dous paneis solares que lle daban unha envergadura de 14,7 m e proporcionaban ata 1,7 kW de potencia.[6][1]

Insat 3CEditar

Insat 3C foi lanzado o 23 de xaneiro de 2002 usando un Ariane 4. Tiña unha masa de 2750 kg e ofrecía so servizos de comunicacións mediante transpondedores en banda C e S e MSS para servizos móbiles.[7][1]

Insat 3AEditar

Insat 3A proporcionaba servizos de telecomunicacións, meteorolóxicos e de rescate. Levaba 18 transpondedores en banda C, 6 en banda Ku e un en banda S, así como un radiómetro de alta resolución e unha cámara CCD. Un transpondedor en UHF recollía datos hidrolóxicos en tempo real de estacións situadas en terra. O Insat 3A foi lanzado o 9 de abril de 2003 mediante un foguete Ariane 5.[8][1]

Insat 3EEditar

Insat 3E tiña unha masa de 2750 kg e foi lanzado o 27 de setembro de 2003 mediante un Ariane 5. Estaba adicado so a comunicacións e levaba a bordo 36 transpondedores en banda C. Fallou e quedou fora de servizo en marzo de 2014.[9][1]

Insat 3DEditar

Insat 3D é un satélite exclusivamente meteorolóxico. Cunha masa de 2061 kg, foi lanzado o 25 de xullo de 2013 mediante un Ariane 5. Leva a bordo un sondador de 19 canais, unha cámara de seis canais e un radar de apertura sintética. Despois de ser lanzado sufríu unha serie de anomalías, aínda que puido finalmente ser recuperado.[10][1]

Insat 4A e 4BEditar

Ambos satélites estaban adicados ás comunicacións unicamente. Tiñan unha masa duns 3000 kg e foron lanzados o 21 de decembro de 2005 e o 11 de marzo de 2007 respectivamente foguetes Ariane 5. Cada un levaba a bordo doce transpondedores en banda Ku e doce en banda C.[11][1]

Insat 4C e 4CREditar

Insat 4C era un satélite puramente de comunicacións que non chegou a órbita debido a un fallo no seu foguete lanzador, un foguete GSLV, o 10 de xullo de 2006. O seu substituto, Insat 4CR, tivo problemas para chegar á súa órbita operativa debido tamén a un problema co seu lanzador GSLV, o 2 de setembro de 2007, acortándose a súa vida útil.[12][1]

Insat 4E (GSat 6)Editar

Insat 4E, coñecido tamén como GSat 6, é un satélite de comunicacións deseñado para ofrecer servizos móbiles. Ten unha masa de 2117 kg e leva a bordo dez transpondedores. Foi lanzado o 27 de agosto de 2015 mediante un foguete GSLV.[13][1]

Insat 4F (GSat 7, Rukmini)Editar

Insat 4F, coñecido tamén como GSat 7 e Rukmini, é un satélite de comunicacións con transpondedores en banda S, banda C, banda Ku e UHF para ser usado pola Forza Naval da India. Foi lanzado o 29 de agosto de 2013 mediante un foguete Ariane 5.[14][1]

Insat 4G (GSat 8)Editar

Insat 4G, ou GSat 8, é un satélite de comunicacións con 18 transpondedores en banda Ku a bordo. Ten unha masa de 3150 kg e foi lanzado o 20 de maio de 2011 mediante un foguete Ariane 5.[15][1]

Historial de lanzamentosEditar

Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15]
Insat 1A 10 de abril de 1982 Delta 3910 PAM-D Éxito
Insat 1B 30 de agosto de 1983 Transbordador espacial Éxito
Insat 1C 21 de xullo de 1988 Ariane 3 Éxito
Insat 1D 12 de xuño de 1990 Delta 4925 Éxito
Insat 2A 9 de setembro de 1982 Ariane 4 Fallo
Insat 2B 10 de novembro de 1984 Ariane 4 Éxito
Insat 2C 6 de decembro de 1995 Ariane 4 Éxito
Insat 2D 3 de xuño de 1997 Ariane 4 Éxito
Insat 2E (Intelsat APR-2) 2 de abril de 1999 Ariane 4 Éxito
Insat 3B 21 de maro de 2000 Ariane 5 Éxito
Insat 3C 23 de xaneiro de 2002 Ariane 4 Éxito
Insat 3A 9 de abril de 2003 Ariane 5 Éxito
Insat 3E 27 de setembro de 2003 Ariane 5 Éxito
Insat 4A 21 de decembro de 2005 Ariane 5 Éxito
Insat 4C 10 de xullo de 2006 GSLV Fallo
Insat 4B 11 de marzo de 2007 Ariane 5 Éxito
Insat 4CR 2 de setembro de 2007 GSLV Fallo parcial
Insat 34G (GSat 8) 20 de maio de 2011 Ariane 5 Éxito
Insat 3D 25 de xullo de 2013 Ariane 5 Éxito
Insat 4F (GSat 7) 29 de agosto de 2013 Ariane 5 Éxito
Insat 4E (GSat 6) 27 de agosto de 2015 GSLV Éxito
Insat 3DR 8 de setembro de 2016 GSLV Éxito

NotasEditar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 Mark Wade (2020). "Insat" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 1A, 1B, 1C, 1D" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 2A, 2B" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 2C, 2D" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 2E / Intelsat APR-2" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 3B" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 3C" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 3A" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 3E" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2020. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 3D" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2020. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 4A, 4B" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2020. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Insat 4C, 4CR" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2020. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "GSat 6, 6A / Insat 4E" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2020. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "GSat 7 (Insat 4F, Rukmini)" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2020. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "GSat 8 (Insat 4G)" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar