A inquietude ou inquedanza é un dos compoñentes principais da ansiedade. O outro compoñente sería a emocionalidade, que se refire aos síntomas fisiolóxicos tales como suar, sufrir palpitacións ou ter alta a presión arterial. O termo inquietude emprégase para nomear a falta de quietude, o alboroto, o desasosego ou a desazón. Pode entenderse a inquietude como un estado de nerviosismo que se produce nunha determinada situación, e tamén pode analizarse como un síntoma de ansiedade. Ao estar inquieta, a persoa non pode concentrarse no que está facendo debido a que a súa atención e os seus pensamentos están localizados noutra cuestión. Isto fai que a inquietude poida causar problemas cotiáns. É máis, dentro do ámbito da medicina fálase de inquietude como un fenómeno de axitación. Esta é un estado de excitación extrema, de nerviosismo ou de emoción que experimenta unha persoa por distintas circunstancias.

Morder os beizos pode ser unha manifestación externa de inquietude.

Consecuencias editar

A inquietude produce alteración no humor e insconsciencia nos sentimentos, axitación pesada e dolorosa que causa calquera temor. A inquietude produce unha incerteza dos acontecementos futuros, sempre máis difíciles de afrontar que o propio presente. Non podemos confundir a inquietude coa irresolución, xa que podemos estar á vez inquetos e resoltos; nin co temor, sentimento ou opresión de que imos retroceder ou vacilar. A intranquilidade é unha forma de ver o espírito, que nos advirte un perigo como posible, mentres que o temor é unha emoción en vista do perigo. Cando a inquietude é grave, sumérxenos na confusión e altera a nosa percepción do mundo e da realidade. Tamén pode haber confusión nas ideas. Prodúcese unha confusión no espírito, unha desorde das opinións. Na inquietude entra sempre unha parte de malestar. O medo agranda os obxectos, xa que sempre esaxerarmos o que temos. O medo e sobre todo o terror, son máis instintivos, e preséntanse moito antes que a inquietude.

A inquietude na filosofía editar

A teoría postulada por Liebert e Morris en 1967, califica a inquietude como o principal compoñente da ansiedade, tamén denominada ansiedade de proba, máis especificamente. E conclúen que se produce unha relación inversa entre a ansiedade, e as variables do rendemento en condicións adecuadas, que é atribuible principalmente á relación de preocupación. A inquietude inflúe no déficit de rendemento. Por outra parte, a través da historia a filosofía caracterizouse por ser unha actividade do pensamento humano centrada en interrogar ao mundo acerca das inquietudes humanas, e a buscar explicacións satisfactorias fronte aos diferentes problemas e acontecementos que se presentan en todos os niveis da vida. A filosofía xorde precisamente do encontro do ser humano co mundo, da admiración do home fronte a todo o que existe, e das chamadas "inquietudes filosóficas", as cales lles intentamos dar unha explicación.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Robert M. Liebert; Larry W. Morris (1967). Issue, ed. "Cognitive and Emotional Components of Test Anxiety: a Distinction and Some Initial Data". pp. 975–978. 

Ligazóns externas editar