Inhaler é o terceiro álbum da banda estadounidense de grunge Tad, publicado o 19 de outubro de 1993 a través dos selos Giant Records e Warner Bros. Records. Foi a estrea do grupo cun gran selo tras dous discos e un EP con Sub Pop, e tamén foi o seu primeiro traballo co batería Josh Sinder, que anteriormente tocaba en The Accüsed. Tad xirou con Soundgarden para promocionar Inhaler aínda que non chegaría a conseguir un grande éxito por todo o mundo; aínda que o disco é amplamente considerado como o mellor da banda.

Inhaler
Álbum de Tad
Publicado19 de outubro de 1993
Estudio(s)Studio D, Sausalito, California
Duración43:04
Xénero(s)grunge, metal alternativo, groove metal, heavy metal
Selo(s)Giant/Warner Bros.
Producido porJ Mascis
Cronoloxía
8-Way Santa Inhaler Infrared Riding Hood

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por Tad (Tad Doyle, Gary Thorstensen, Kurt Danielson e Josh Sinder).

  1. "Grease Box" - 3:54
  2. "Throat Locust" - 4:04
  3. "Leafy Incline" - 3:30
  4. "Luminol" - 4:42
  5. "Ulcer" - 4:37
  6. "Lycanthrope" - 3:34
  7. "Just Bought the Farm" - 4:15
  8. "Rotor" - 4:04
  9. "Paregoric" - 4:12
  10. "Pansy" - 2:48
  11. "Gouge" - 3:20